jueves, 3 de noviembre de 2011

O LHC alcanza a súa velocidade media

O LHC (para os que aínda non sabedes demasiado sobre él, é un acelerador de partículas de 27 km de circunferencia situado na fronteira entre Francia e Suíza, encargado de facer colisionar haces de protóns para probar a validez e os límites do Modelo Estándar , que é a día de hoxe a teoría da física de partículas) terminou o pasado domingo o novo ciclo de colisións de protóns con excelentes resultados neste ano en canto ao rendemento da máquina, pero os descubrimentos requiren máis datos aínda. O acelerador provocou 400 billóns de choques de protóns en 180 días de funcionamento neste segundo ano de traballo, o cal fai afirmar que a tasa de produción de datos é millóns de veces máis alta que a estas alturas no ano pasado e incluso que a principios deste, alcanzando así o LHC a súa velocidade de cruceiro.

Foi, pois, un ano notable para a comunidade científica que traballa nel, como ben explica Fabiola Gianotti, representante dun dos grandes detectores do acelerador: "Fixemos unha cantidade enorme de medidas do Modelo Estándar e entramos no terreo inexplorado en busca de nova física; en particular, logramos oprimir a partícula de Higgs (si é que existe) cara a cantidade de masa máis lixeira. Ahí é onde tanto a teoría como os datos experimentais indican que se atoparía, pero esta cantidade de masa é a máis complexa de estudar".

A partícula de Higgs explicaría a misteriosa orixe da masa das partículas elementais, e a súa procura é o obxectivo básico do LHC(tamén saben que pode non aparecer) mais non o único: os físicos andan ao mesmo tempo na procura de indicios dun novo tipo de partículas, chamadas supersimétricas, e esperan atopar fenómenos aínda non experimentados.


O LHC está situado a 100 m baixo terra e ten 27km de lonxitude e 88000 toneladas de peso














Para máis información clickade aquí


Andrea Fernández Novoa 2ºB

No hay comentarios: