sábado, 26 de noviembre de 2011

Os novos parentes dos neandertales que viviron en Atapuerca.

A especie humana que habitou na serra de Atapuerca fai medio millón de anos, e cuxos restos se acumulan na Sima dos Ósos, o maior 'cemiterio' do Pleistoceno Superior en Europa, podería ser unha linaxe 'parente' dos neandertales e non os seus antepasados, como se defendeu até agora.

Esta é a conclusión á que chegou o equipo liderado pola paleontóloga, experta en dentición, María Martinón-Torres, do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana (CENIEH), tras o estudo de máis de 500 pezas dentais fosilizadas atopadas na Sima durante os últimos anos.

A análise, cuxos resultados se publican na revista 'Journal of Human Evolution', conclúe que aqueles homínidos, clasificados como 'Homo heidelbergensis', non son os antepasados dos neandertales clásicos, como se apuntaba até agora, porque, curiosamente, teñen trazos dentais "máis neandertales que estas poboacións típicas". "Se fosen os seus devanceiros, os trazos haberían ir parecéndose co tempo, pero o que vemos é que hai 500.000 anos tiñan trazos neandertales mesmo esaxerados".

Apúntanse dúas posibilidades ante estes resultados: ou houbo un pescozo de botella evolutivo que fixo que todos os neandertales posteriores fosen descendentes dos homínidos da Sima; ou estes últimos foron unha linaxe paralela, uns "irmáns" evolutivos que, ademais, non terían por que ser os únicos que existiron. "Iso explicaría a variedade de trazos que se identificaron na especie 'Homo heidelbergensis', que é como un caixón de xastre e que tería que ser redefinida porque igual houbo varias liñaxes paralelas"

2 comentarios:

Unknown dijo...

Alba busca de onde é a ciéntífica María Martinón-Torres, seguro levarás unha sorpresa.
Carmen

Alba González Álvarez dijo...

É de Ourense,e eso fai que me interese máis por esta noticia.