jueves, 22 de diciembre de 2011

O 'Barberapithecus' símbolo da evolución dos primates.


Un simio, descoñecido ata o momento, habitou hai uns 11 millóns de anos no Valle do Penedés en Cataluña. Trátase dun animal pequeno de entre 5 e 7 kilos de peso con semellanza a un orangután.

O achado remóntase aos anos setenta cando Miquel Crusafont atopou o xacemento catalán, pero os dentes do simio foron sempre una incógnita ata ser descritos por científicos do Instituto Catalán de Paleontoloxía (ICP) Miquel Crusafot e publicados na revista 'American Journal of Physical Anthropology'.





O Barberapithecus huerzeleri recibe ese nome pola localidade xa citada na que foi atopado e do paleontólogo suízo Johannes Hürzeler coñecido polas suúas contribucións a paleoprimatoloxía. Os restos dentais recuperados inclúen 15 dentes dunha hembra, un premolar aislado e un canino de outros individuos.


A orixe deste tipo de dentes (os dos pliopitécidos) remóntase ao continente africano coa separación da rama dos simios do Vello Mundo cós antropomorfos e os humanos. A diferencia dental que presentan os pliopitécidos son as crestas de esmalte que constitúen o chamado “triángulo pliopitecino” nos molares inferiores o que nos permite saber que a súa alimentación era a base de froita e non follas.


Cabe destacar que o pliopitécido maís antigo da Península está tamén na zona do Penedés en Abocador de Can Mata e data de 12 millóns de anos atrás.







Noelia Rodríguez Rey Nº27 1º Bach.D



No hay comentarios: