viernes, 7 de enero de 2011

Pequenos cambios na imaxe do blog

A cabeceira dedicada ao ano da Biodiversidade, celebrado no 2010, foi substituida por unha imaxe que expresa unha Ciencia máis global.

A declaración de 2011 como Ano Internacional da Química é unha iniciativa da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, nas súas siglas en inglés) e a UNESCO. O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas.
O Lema é “Chemistry: our life, our future” (Química, a nosa vida, o noso futuro) e os seu obxectivos son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta fundamental para satisfacer as necesidade da sociedade, promover o interese pola Química entre os mozos, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da Química para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.



2011 Ano Internacional dos Bosques. Esta celebración resultará útil para tomar maior conciencia de que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan. Con este fin, promoverase a acción internacional en pos da ordenación sostible, a conservación e o desenvolvemento de todo tipo de bosques. No seguinte enlace podemos oir o son do bosque.

Editado por: Carmen Cid Manzano

No hay comentarios: