sábado, 12 de febrero de 2011

Cancións da PCR

A reacción en cadea da polimerasa, coñecida como PCR polas súas siglas en inglés (Polymerase Chain Reaction), é unha técnica de bioloxía molecular desenvolvida en 1986 por Kary Mullis, cuxo obxectivo é obter un gran número de copias dun fragmento de ADN. A PCR é unha técnica moi frecuente en laboratorios de investigación biolóxica e cunha enorme variedade de aplicacións, entre elas: a clonación de ADN para a secuenciación, o diagnóstico de trastornos hereditarios, a identificación de pegadas xenéticas (usadas en técnicas forenses e test de paternidade), etc. Inicialmente a técnica era lenta, hoxe, todo o proceso da PCR está automatizado mediante un aparato chamado termociclador.


Déixovos a canción da PCR, composta pola compañía Bio-RAD para anunciar un dos seus termocicladores. Esta canción está interpretada polo grupo "Scientist for Better PCR". No mundo da ciencia tamén hai frikis... ata hai un que se parece a Stevie Wonder.


Se criades que virades todo, déixovos o seguinte vídeo:










Despois do seguinte video espero o voso...


Editado por: Carmen Cid Manzano

No hay comentarios: