viernes, 18 de febrero de 2011

Descubertas novas especies vexetais

É curioso ver a infinidade dos campos de estudo da Ciencia, neste caso o da taxonomía vexetal.
En España existen unhas 8000 especies de plantas vasculares. A pesar de poder parecer unha cantidade enorme, aínda se descobren cada ano novas especies.
A noticia de hoxe é sobre varios exemplares atopados na Cordilleira Cantábrica e Pirineos por Antonio Galán de Mera, investigador e director do departamento de Botánica da Universidade de San Pablo. Trala localización das plantas nas cadeas montañosas, tiveron que realizar numerosos procesos de comparación con outros exemplares ata chegar á conclusión de que se trataba de dous "dentes de león". Ambas son dúas plantas de follas alongadas, escasa ornamentación, froitos e reprodúcense por sementes sen fecundación, ademais de que teñen unha pequena cantidade de pole.
As recén descubertas especies recibirán os nomes de Teraxacum Decastroi, en honor ó naturalista Emilio de Castro, vista en Lérida, e T. Lacianense, avistada nos montes de León.
As dúas viven en medios húmidos e enfróntanse a numerosos problemas ambientais.

Ás xa máis de 8000 especies descubertas súmanse estas dous. Aínda que o sondeo establece que gran parte da flora e fauna peninsulares xa están catalogadas, tamén é certo que os descubrimentos non cesan, o cal nos fai pensar na gran cantidade de especies das que queden poucos exemplares en habitats moi concretos e, casi en perigo de extinción.

Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A
http://www.agenciasinc.es/esl/Noticias/Descubren-dos-nuevas-plantas-en-Espana

No hay comentarios: