jueves, 2 de junio de 2011

A 'E. coli' letal é froito dun cruzamento entre variantes


Científicos alemáns e chineses lograron descifrar o xenoma da variante da bacteria 'E. coli' que provocou a agresiva infección, a cal causou xa 18 mortes e parece non remitir. O axente infeccioso foi identificado como, froito dun cruzamento entre cepas xa coñecidas.
A variante letal de 'E. coli' é unha combinación entre un "parente moi afastado" da variante máis común da bacteria xunto con outras cepas tamén coñecidas. É dicir, trataríase dun cruzamento, non dunha mutación da chamada '0104:H4'. A pesar destas últimas análises, segue sen coñecerse o foco da infección.

No xenoma localizáronse secuencias de ADN que son "clásicas" en dúas coñecidas variantes da bacteria, xunto a outros compoñentes xenéticos que son descoñecidos.
A combinación destes elementos dá como resultado unha variante moi agresiva, que permanece máis tempo do habitual no intestino e provoca danos moito máis persistentes. É resistente a algúns antibióticos, a súa toxicidade é elevada e a infección evoluciona con rapidez cara á insuficiencia renal.
O equipo científico indicou que a identificación do xenoma non implica que poida darse de inmediato cun remedio á crise sanitaria..

Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/06/02/nutricion/1307025997.html
Feito por: Yurema Seara Núñez

1 comentario:

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

E que medidas poderíanse levar a cabo mentres non se atopa unha cura? Sabes porque afectou xusto os pepinos?
E porque en Alemaña morreu moita máis xente que en España?
Isabel