jueves, 5 de enero de 2012

In memoria

En cinco anos no centro non tiven a sorte de que María Xosé me dese clase, pero abondaba con baixar esas escaleiras tódolos días e cruzala a ela para sentirme como unha alumna máis, recibindo os seus bos días, o seu sorriso, a súa preocupación sempre polos demáis... En cambio fun unha desas afortunadas en viaxar a quilómetros de Ourense con ela, nese autobús tantas horas metidos, e con ela, para coñecer eses lugares tan fermosos no país do lado que ela nos ensinou. París non tería tódala maxia que tivo se non fose pola súa compañía, a súa protección e a súa axuda cando a precisamos. Uns máis ca outros, é certo; mais todos, un por un, nalgún momento preciso sentimos a súa ausencia. Recordemos a Camba cun enorme sorriso nas nosas caras, porque o certo é que o merece, e non se pode recordar doutra maneira máis que sorrindo tal e como ela facía con todos nós.



Non quero deixar atrás o 2011 sen dar as grazas a tódolos meus compañeiros polo ano tan xenial que compartín con eles, decirvos que non queda nada, catro mesiños de nada entre esas catro paredes, despois de tantos anos que eu e algúns máis levamos ahí xa... é incrible como corre o tempo, e canto vos votarei de menos; cando menos o pensedes xa estamos fóra, cada uno polo seu lado... só sorte e moito ánimo neste anaco de camiño que queda por percorrer. 
E grazas tamén a ti profe, por todo o teu esforzo por nós e polo apoio, grazas a ti tamén chegamos a pasar eses días en Gandarío, unha experiencia sen dúbida moi boa, volvería agora mesmo se puidese ser.


Feliz 2012 a todos!

9 comentarios:

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Que entrada máis bonita, canta razón tés Lucía e eu tamén vos votarei de menos.

Andrea Fdez (IES Otero Pedrayo) dijo...

Comprobándoo unha vez máis, hai un factor común a todas as entradas e a todos os que coñecimos a Camba... que todos recordarmos o seu sorriso e a súa cercanía a nós.
Non podo evitar poñerme melancólica lendo as túas palabras sobre o 2011, e máis aínda se me imaxino en 4 meses... dous anos cheos de emocións e esforzos. Eu tamén vos votarei moito de menos...

Lorena Yáñez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Está claro que en todo o que dis Lucía tes toda a razón do mundo.
En poucos mesiños xa estaremos contentos ou felices sabendo se os nosos soños se fixeron realidade ou non.
Todos nos votaremos de menos, e está claro que moitos de nos levamos dende os 3 anos pero os que viñeron a ano pasado chegaron nunha época imporante para axudar aos compañeiros e xa deixan de importar en gran medida os anos e pasa a importar a cercanía entre nós.Grazas rapaces :)

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Quero formar parte deste factor común e unirme a estas lembranzas tan sentidas dunha grande, grande Camba, grande Mª Xosé.
Os últimos anos teñen sido moi duros para os profes deste centro, a perda de Xosé, de Begoña deixounos moi tocad@s e, sen tempo de recuperarnos, a de Mª Xosé, difícil asimilar tanto dolor.
Os profes participamos pouco nos blogs pero estou segura que todos e todas as profes do centro agradecen as vosas palabras de respecto, de cariño e de admiración hacia a nosa compañeira tan querida.
Que o 2012 sexa todo o bo que merecemos o alumnado, profesorado e persoal deste gran centro, que é moito. Feliz ano.
Conchita profe de mate

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Da gusto comprobar que los alumnos también sienten la falta y saben apreciar a las buenas personas que han compartido con ellos conocimientos y horas de vida inolvidables.
Su sonrisa dulce y amable ha dejado huella en todos nosotros. Me acuerdo de ella muchísimas veces...
Un abrazo
Belén (profe de Lengua)

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

María José sentada entre los alumnos no parece la profe. Es una más. Eso debió ser en su vida. Una más. La memoria y el recuerdo nos permite contemplarla viva . De las personas que la quieren depende que siga viva. Quién puede decir que están muertos Mozart, la Madre Teresa, Unamuno, Picasso...... Besos
Angel (Exalumno de Mª José de hace un montón de años)

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Ella entró en mi vida a los 14 años y nunca se irá.
Un beso
Maita Borrajo (profe de Química)

Lorena Yáñez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Está claro que hai profesores ao largo da nosa vida que están deixando unha profunda pegada, aos que notamos cada ano máis cerca, e ela era unha delas. Unha desas que traballaba moito por nós, que se sacrificaba en calquera momento e que desvivíase por a súa profesión.
Xamáis se irá das nosas mentes e dos nosos corazóns porque cada día para nós segue ahí.
E mesmo na nosa futura graduación aínda que por desgracia non sexa así, os meus ollos verana sentada nunha butaca do paraninfo celebrando con nós ese gran día e mandándonos todo o seu cariño, o seu sonriso e a súa ledicia.

Iván Gallego dijo...

A verdade é que non teño palabras foi un ano increible grazas a compañía das dúas.
Acordádesvos daquel día que fomos o Congreso en Ourense, e no descanso estabamos todos sentados nas escaleiras falando e rindo?¿

E aquela bonita despedida o día de CLMNTk cando xa subían Carmen e Ricardo ó bus e fomos correndo a abrazala?¿?¿

UNO PERFECTOOO GRAZAS A VÓS