domingo, 22 de enero de 2012

O cometa que se desintegrou, ao chocar co sol.

O sol é frecuentemente bombardeado por cometas "rozadores", cuxas órbitas pasan moi preto da súa coroa. Un deles foi o cometa C/2011 N3, o cal se desintegrou o pasado 6 de Xullo, momento que por primeira vez foi captado polo Solar Dynamics Observatory (SDO) en cinco bandas de lonxitude de onda diferentes, o que permite facer un profundo estudo deste fenómeno.
Estes cometas son frangmentos de "xeo sucio" cuxo diámetro non sobrepasa os 10 metros pero, segundo especialistas, este parece ser de maior tamaño.
O obxecto cósmico desfeito pertence á familia de cometas Kreutz, un grupo que pasa peligrosamente preto da estrela.
Durante 15 longos anos, observáronse máis de 2.000 cometas, pero en ningún deses casos logrouse seguir a súa traxectoria unha vez dentro da atmosfera solar.

Tempo no que se desintegrou : 20 minutos .

Agora, sin embargo, os investigadores, combinando observacións desde o Observatorio da Dinámica Solar da NASA (SDO), o satélite SOHO e o Observatorio das Relacións Solar-Terrestres (STEREO) conseguiron captar en directo cómo o cometa C/2011 N3 entraba e se desintegraba a unha velocidade de 100.000 kilómetros por hora.
O C/2011 N3 calcúlase que tiña entre 120 e 150 metros de diámetro. O grupo dos Kreutz ós que pertenecía orbitan a unha distancia non moito maior a dos radios solares da superficie da estrela, e fano en períodos de entre 500 e 1.000 anos. Calcúlase que o SOHO detectou unhos 1.500 cometas 'rozadores' desde o seu lanzamento, en 1995, para estudar o Sol.
O pasado mes de decembro, entre os días 13 e 22, o SOHO detectou unha auténtica invasión de cometas 'Sun-Grazing': 25 en tan só dez días.
Os especialistas presaxian a aparición dun 'rozador' moito máis grande e brillante cós observados ata agora, similar o cometa Ikeya-Seki que se presentou no 1965 e acercóuse o Sol a 450 kilómetros, pero non chegou a impactar. Ese xigantesco obxecto, de cinco kilómetros en diámetro, sobreviviu e convirtíuse nun dos cometas máis brillantes do milenio. Incluso se veía de día.
O nome da 'familia Kreutz' é un homenaxe ó científico alemán Heinrich Kreutz, quen demostroú a interrelación das súas órbitas no século XIX.

2 comentarios:

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Te voy a explicar como puedes incrustar el video en el blog. Te quedará mejor.1º Abre el video en youtube 2º clik en compartir3º clik en insertar, con fondo azul te sale un enlace ponte con el curso encima y cópialo. En la entrada del blog en la forma html con el botón derecho dale a pegar.
Ponle una etiqueta de las que ya existen al post.
Podrías poner algún hipervínculo, por ejemplo en Heinrich Kreutz.

Carmen

Alba González Álvarez dijo...

Ya está profe,puse la noticia con la etiqueta de astronomia,si ves que no está bien,cambiala.

Alba