lunes, 20 de febrero de 2012

¿Cómo era un bosque hai 300 millóns de anos?

Un bosque tropical de hai 300 millóns de anos foi preservado en cinza cando un volcán entrou en erupción preto de Wuda (China). O estudo foi publicado na revista Proceedings da Academia Nacional de Ciencias (PNAS) de EE.UU e foi levado a cabo por investigadores chinos e estadounidense que descubriron o bosque nunha mina de carbón. A extracción fíxose con maquinaria pesada que permitiu acceder a grandes extensións da capa inferior do terreo facendo que puideran estudar uns 1.000 metros cadrados de bosque fósil.

Un equipo de científicos fixo unha reconstrución dese bosque fosilizado. Tratábase dun terreo pantanoso, similar a unha turbera actual, na que existían seis grupos de árbores (algunhas de 80 metros de altura) entre os que se atopaban fentos arborescentes e vexetais de grandes dimensións pero pouco semellantes ás plantas actuais. Os paleontólogos desenterraron tamén tres exemplares case completos do grupo dos Noeggerathiales, un tipo de árbore productora de esporas da que no hai nin rastro na actualidade.

Os investigadores datan o bosque fósil de comezos do Pérmico, é dicir hai uns 289 millóns de anos, cando a actual China era un continente a parte e cun clima moi semellante ao actual.

Fontes de información: http://www.abc.es/20120220/ciencia/abci-bosque-hace-millones-anos-201202201427.html

María Cerreda Pereira nº8 1ºD

2 comentarios:

Jenni dijo...

Estudiaron uns 1000 metros cuadrados de superficie,e so aparecian restos de arbores.Eu preguntome ¿non apareceron restos de animais entre tanta vexetacion?.
Jennifer Armada Ferreiro.

Anónimo dijo...

Estiven buscando en google pero non atopei nada sobre si atoparon restos de animais. Ao mellor neses mil metros cadrados non quedou ningún resto deles ou quizáis non escavaron suficientemente, non remataron a investigación e aínda poden atopalos. Aínda así a noticia fala sobre o descubrimento dun bosque, quizáis por eso so se centran en árbores e en comparar como eran esas plantas e o clima do pérmico co actual, para intentar dar resposta a por qué se extinguiron algunhas plantas e a como xurdiron as actuais.

María Cerreda Pereira.