domingo, 18 de marzo de 2012

A clonación dun mamut, un paso máis cerca.

O mamut xa ten o seu xenoma secuenciado.
Científicos rusos deron a coñecer os seus plans de clonar un exemplar de mamut conxelado durante 10.000 anos.
"Queremos levar a cabo unha clonación somática, ao inserir o material xenético dun mamut nas células dunha elefanta actual" dixo un voceiro do Instituto de Ecoloxía Aplicada. As células nai serán transvasadas ao útero dunha elefanta que xerará o feto durante 22 meses co fin de que naza, unha cría de mamut viva.
En concreto, as células do mamut inseriríanse en embrións dun elefante procedente da India, ao tratarse do seu parente xenético máis próximo.
O voceiro adiantou que as probas xenéticas serán extraidas do mamut a finais deste ano, tras o que serán enviadas a Corea do Sur, onde a clonación podería facerse realidade dentro de varios anos.
Enlace: http://www.abc.es/20120314/ciencia/abci-cientificos-rusos-quieren-clonar-201203141706.html
Lucía Sánchez Corral 1ºD nº30

No hay comentarios: