domingo, 7 de octubre de 2012

Creación de leite hipoalerxénica


Moitas persoas non toleran o leite. Isto débese maioritariamente á intolerancia á lactosa (un tipo de azucre) ou alerxia a algunhas das súas proteínas. Esta alerxia débese a unha proteína chamada  BGL (beta-lactoglobulina).
Un equipo de investigadores neocelandeses anunciaron o pasado día 2 de outubro na revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) un experimento no que conseguiron crear unha vaca con leite hipoalerxénica. Tiveron que modificar a estrutura xenética de Daisy, a vaca que escolleron para o experimento. Nela introduciron dous micro-ARN que evitan que se produza esa proteína causante das alerxias. Os resultados do experimento foron satisfactorios, xa que analizando o leite de Daisy non atoparon BGL.  Daisy aínda é un tenreira, polo que aínda non pode dar leite, pero tratárona con hormonas para obter unhas poucas mostras do seu leite. O seguinte paso, din os investigadores, é criala ata que poida dar leite de forma natural para volver a analizala. Tamén está pendente de aclarar porque Daisy carece de cola dende o seu nacemento.
A industria láctea xa lograra reducir ou incluso eliminar esta proteína no leite, pero mediante métodos químicos. Este estudio indica que estes métodos son moi caros e poden modificar o sabor natural do leite.
Esta noticia creou polémica nos sectores “verdes” e os contrarios á modificación xenética. Ademais, un grupo ecoloxista de Nova Zelandia (GE Free New Zealand), indica que a proteína BGL é imprescindible para o normal crecemento do animal. 





http://www.latercera.com/noticia/tendencias/2012/10/659-486203-9-ecologistas-ponen-en-duda-que-leche-de-vaca-geneticamente-modificada-sea.shtml


Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

2 comentarios:

Unknown dijo...

Grazas Antía por ser a primeira en subir un post ao blog, pensei que este ano non vos iades animar. Espero que agora os teus compañeiros/as tamén o fagan.
Insertei un vídeo na túa entrada dexeso que che pareza ben.

Antía Quintana dijo...

Moitas grazas polo vídeo, estiven buscando en YouTube pero non atopei ningún interesante. A próxima vez mirarei os videos da prensa.