martes, 9 de octubre de 2012

O veleno da mamba negra é millor ca morfina?

Se nun futuro próximo estiveses padecendo unha intensa dor e puideras elixir entre morfina ou o veleno dunha mamba negra, ¿cal elixirías? Asegúrovos que  eu elixiría o veleno, mellor dito as súas características beneficiosas, xa que hai un novo descubrimento por parte duns científicos franceses que din que del pódese extraer un analxésico tan eficaz coma a morfina.

A morfina actúa nas vías opioides do cerebro para enfrontala dor, pero ten varios efectos secundarios como a adición, a provocación de dores de cabeza, vómitos, espasmos musculares e  dificultar o pensamento. E os máis graves como a pancreatite (inflamación do pancreas), o aumento da toxicidade que ven seguido de fallos renais.




  Na revista Nature indican que nun experimento con ratos, observaron que o veleno da mamba tamén conten un forte analxésico coma a morfina, pero sen a maioría dos seus efectos secundarios. A estas propiedades do veleno chámanlles mambalginas.

Máis admiten tamén estar perplexos posto que non se explican porque a mamba xera este composto. O doutor Casewell experto en veleno de serpes da Escola de Medicina Tropical de Liverpool, en Inglaterra, tamén comparte o asombro, “realmente é estrano”, suxire que o efecto analxésico podía funcionar en combinación con outras toxinas que preveñen a fuxida da presa, ou que podía afectar a animais como as aves, de forma moi distinta a dos ratos.

O doutor Eric Lingueglia, do instituto de Farmacoloxía Molecular e Celular, cerca de Niza, dixo a BBC que cando probaron nos ratos as mambalginas, a analxesia foi tan forte como a da morfina, pero sen a maioría dos seus efectos secundarios. “Esta é unha etapa moi preliminar, por suposto, e é difícil dicir si será un analxésico para humanos ou non” “É necesario realizar máis estudos en animais”, Estas palabras foron ditas tamén por Eric a BBC.

Est cchega é moi importante no campo da saude, xa que podremos ser tratados cun medicamento non aditivo e con poucos efectos secundarios, pero de momento haberá que esperar os resultados das vindeiras probas que  se realicen.

Fonte de información: * ABC Science, publicación do dia 4 de outubro

No hay comentarios: