sábado, 18 de febrero de 2012

Novas técnicas contra o cancro



Un nanorobot de ADN para ordenar o suicidio das células canceríxenas.
Na universidade de Harvard un grupo de científicos inventaron un minúsculo robot feito de material xenético e que poden cargar con diferentes moléculas para dirixilo a células específicas onde depositar esas substancias, que poden ser fármacos. Ademais de transportar moléculas tamén poden modificar o comportamento das células. Cabe a posibilidade de enviar órdenes ás células canceríxenas para a súa autodestrución. Tamén pódese programar a resposta inmunolóxica do organismo a varias enfermidades.
Non se trata dunha simple idea: Shawn Douglas e os seus colaboradores fixeron xa un prototipo do nanorobot de ADN e ensaiáronno en cultivos celulares. Os seus experimentos centráronse en dous tipos de células canceríxenas, de leucemia y linfoma, enviando instrucións para activar o “interruptor de suicidio celular”.
O nanorobot ten forma de tonel, con dúas metades unidas por unha especie de bisagras moleculares. Cando o robot chega ás células indicadas se abre e deposita nelas a súa carga, xa sexan fármacos ou moléculas capaces de modificar o seu comportamento.
Estes investigadores presentaron o seu proxecto en Science.
Nesta páxina podedes ver un video onde se explica o funcionamento deste nanorobot aínda que está en inglés: http://medgadget.es/2012/02/un-nanorobot-de-adn-desarrollado-para-la-programacion-futura-de-respuestas-inmunes.html
Fontes: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/02/16/actualidad/1329395701_112071.html
Wendy Danniela Martínez Martín 1ºE.

No hay comentarios: