sábado, 26 de mayo de 2012

Un estudante español crea a cartografía luar máis precisa




O proxecto de fin de carreira, de Iñaki Ordóñez, deu orixe a un mapa topográfico dunha rexión da Lúa coa mellor resolución realizada ata a data.

O seu creador tivo que aplicar as técnicas de teledetección para a superficie terrestre sobre 160 imaxes tomadas pola multitude de satélites que orbitan arredor da Lúa.

A zona estudada na cartografía é a meseta de Aristarchus, de 10.000 quilómetros cadrados. É unha rexión con moita diversidade e riqueza xeolóxica, cun cono volcánico e dous cráteres de impacto chamados ‘Herodotu’ e ‘Aristarchus’ que posúen unha característica importante. Cando un meteorito cae no seu interior e se fonde, o magma cristaliza en materiais novos e diferentes ao arrefriarse. E é o realmente importante deste mapa lunar.

Os astrónomos poderían realizar unha lectura profunda sobre a orixe e a evolución da Lúa e os materiais da súa superficie con este mapa, ademais o seu detallado traballo sobre a orografía e a composición xeolóxica da Lúa o seu peso en ouro para as futuras misións espaciais tripuladas, que prevén establecer mesmo unha base científica permanente na súa superficie.


Abraham Otero Fernandez Nº22 1ºD

No hay comentarios: