viernes, 26 de octubre de 2012

Unha nube de lixo espacial ameaza a ISS


·A Estación Espacial Internacional (ISS) é ameazada por unha gran nube de lixo espacial, formado por máis de medio millar de restos  do bloque acelerador ruso Briz-M, perdido no espazo en agosto deste mesmo ano logo de fallar a posta en órbita de dous satélites.


Logo deste terrible acontecemento, a NASA fai un seguimento diario deste lixo espacial, e aseguran que é potencialmente perigoso tanto para a Estación como para os seus tripulantes. Os satélites foron lanzados ó espazo por Rusia, e logo de dous anos, nos que tiveron máis de dez fallos técnicos, decidiuse que tiñan que ser retirados do lugar. Algún tempo despois, os informes revelaron que os erros nos dous satélites non foran técnicos, senón que se trataban de erros de fabricación, polo que despois de serén retirados, o director xeral da principal marca rusa fabricante de cohetes espaciales Protón,  Vladímir Nésterov, dimite. No obstante, no pasado as explicacións dos numerosos reveses sufridos por a industria espacial rusa en menos de dous anos, casi sempre recaían en errores humanos e non en fallos de fabricación. En agosto do ano pasado, un carguero ruso Progress que portaba carga de vital importancia para a Estación Espacial, estrellouse pouco despois do seu despegue, o que supuxo o primer accidente deste tipo de nave espacial en máis de trinta anos. A esto súmaselle a perda de varios satélites  e o fracaso do lanzamento da estación marciana Fobos-Grunt, en novembro do ano pasado, o que supuxo un duro revés para os plans rusos de exploración interplanetaria.

En resumo, non só na Terra a basura é un tema de vital importancia, senón que no espazo tamén xoga o seu papel, e trátase dun tema de preocupación, xa que no espazo tamén causa os seus estragos aínda que pensemos que non é así. A NASA está moi preocupada por a ameaza que representa esta nube de lixo espacial formada polos componentes de dous satélites para a Estación Espacial Internacional.

http://www.voanoticias.com/content/tecnologia-eeuu-nasa-estacion-espacial-internacional/1532963.html

No hay comentarios: