lunes, 18 de febrero de 2013

Visita Atapuerca a primatóloga Jane Goodall


    Jane Goodall, de setenta e oito anos de idade, doutora Honoris Causa en máis de corenta universidades polo seu estudo dos chimpancés, visitou este fin de semana o Museo da Evolución Humana de Burgos e o xacemento de Atapuerca.

    Como vimos en clase, neste xacemento atopáronse os restos do Homo Antecessor, o europeo máis antigo; ela, unha gran defensora de que os chimpancés e a especie humana compartimos un antecesor común hai moitos millóns de anos, dixo que puido imaxinar aos nosos antepasados vivindo naquel lugar hai un millón e medio de anos. Acompañada por dous dos tres directores da escavación (Carbonell e Bermúdez), non dubidou en engadir que lle traía recordos dos seus anos de excavación en África, antes de comezar o estudo do comportamento dos chimpancés (grazas a isto, escribiu varios libros moi recoñecidos sobre o parecido que hai entre o comportamento humano e o do chimpancé).

    Por último, citarei unhas verbas desta famosa primatóloga que incitan a pensar: "Non hai barreiras infranqueables entre o ser humano e os animais, non somos a única especie que ten sentimentos".

http://www.youtube.com/watch?v=F-2NoJIx3FA

4 comentarios:

Unknown dijo...

Marcos incrustei un vídeo no teu post, que personas recoñecedes nese vídeo?

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

A doutora Jane Goodall, prestixiosa primatóloga e naturalista, desde fai máis de vinte anos viaxa sen cesar ao redor do mundo, levando palabras de esperanza ás xeracións futuras, dando conferencias, escribindo libros. creou tamén unha organización xuvenil, "Roots Roots & Shoots" (Raíces y Retoños), con sede en más de cien países.

Unknown dijo...

Creo que un dos directores da investigación de Atapuerca: Carbonell (o do bigote e camisa verde e clara)