viernes, 5 de abril de 2013

Os pesticidas, unha droga para as abellas.


A exposición a unha combinación destas substancias provocan problemas na aprendizaxe das polinizadoras ata o punto de que esquecen como atopar o alimento.
Segundo dous novos estudos publicados na revista Narute Communications, os pesticidas interfiren no circuito de aprendizaxe no cerebro dos insectos, de forma que os volve máis  lentos á hora de asimilar novos coñecemenros e esquecen por completo asociación importantes para a súa supervivencia, coma a relación entre o aroma floral e a comida. De feito, realizan condutas complexas mentres se alimentan o que lles obriga a aprender, recordar e identificar as flores polos seus perfumes, cores e deseños, para co que contan con órganos visuais e olfactivos adaptados. Isto é importante xa que a  interrupción nesta función vital ten implicacións profundas para a supervivencia das colonias, pois non serán capaces de atopar comida.

Christopher Connolly e o seu equipo da Universidade de Dundee (Reino Unido), investigaron o impacto sobre os cerebros das abellas de dous insecticidas comúns utilizados nos cultivos, chamados neonucotinoides e coumaphos que se empregan nas colmeas para matar ao ácaro Varroa, un parásito que as ataca.
As abellas con cerebros intactos foron expostas a pesticidas no laboratorio nos niveis que existen no medio natural e despois rexistrouse a súa actividade cerebral. Os investigadores atoparon que ambos tipos de pesticidas actuaban na mesma zoa do cerebro implicada na aprendizaxe da abella, causando unha perda da función. Se ambos plaguicidas eran empregados en combinación, o efecto era aún maior.
O estudo é o primeiro en demostrar que estes pesticidad teñen un impacto directo sobre a fisoloxía das polinizadoras.
 Outro traballo de Geraldine Wright y Sally Williamson, da Universidad de Newcastle, corroborou esta teoría, aportando que cando as abellas se exponen durante catro días a estas combinacións de pesticidas, ata un 30% delas non aprenden ou fan mal as probas de memoria. Unha vez máis, os experimentos imitana os nivéis que se vían na natureza, pero esta vez mediante unha solución de azúcar mesturada coas sustancias dañinas.
Os científicos tamén pegaron tórax destes pequenos animais un identificador de radiofrecuencia, uns microchips que permiten realizar un seguimento dos seus movementos. A continuación, os investigadores deron ás abellas unha dose non mortal do praguicida tiametoxam. Comparados cos que non foron expostos á substancia, os insectos tratados tiñan tres veces máis probabilidades de morrer fóra da colmea.

Na segunda parte deste estudo, os investigadores empregaron datos do experimento de seguimento para desenvolver un modelo matemático que poda predicir o futuro das abellas expostas a este tóxico. Os resultados foron nefastos: o modelo sinalou que as poboacións de abellas expostas poden diminuir ata un punto prácticamente irrecuperable.
Os autores sinalan que a pesar de que aos fabricantes se lles esixe que as súas doses de pesticidas permanezan por debaixo dos niveis letais para as abellas, os estudos realizados para determinar o nivel de mortalidade subestimaron que os productos poden matar de maneira indirecta aos insectos, por exemplo, ao modificar o seu sistema de orientación e a súa conducta.

Sen elas, a humanidade pon en xogo a súa supervivencia.




A súa supervivencia en risco.

A desaparición de centos de millóns de abellas en todo o mundo preocupa aos científicos dende hai anos. O número destes insectos diminuiu de forma desmesurada, nunha crise chamada o problema do colapso das colonias (CCD polas súas siglas en ingés) cuxa orixe todavía non foi resolta.
As probas e argumentos presentados por científicos daban conta de que mais dun cuarto de millón de plantas florais dependen das abellas, así coma outras moitas especies cruciais para a agricultura, vexetais ou árbores frutais cuxos froitos consumimos a diario, ademais da importancia que teñen no mantemento da saúde e biodiversidade nos ecosistemas.
De feito, estas pequeñas criaturas o que fan é polinizar o 90% dos alimentos que consumimos no mundo, segundo un estudo da FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations).

No proceso de polinización o que fan é transladar o polen da antera, que é o órgano masculino da flor, ao estigma, que é o órgano feminino, permitindo así que se efectúe a unión do gameto masculino no gran de pole co gameto feminino do óvulo. Isto dará lugar á formación do froito, dunha importancia vital na agricultura e a formación da semente, que lle servirá ao vexetal para perpetuar a súa especie e multiplicarse, polo que a desaparición das abellas sería o desencadeante da desaparición de moitas especies vexetais que non realizarían a fotosíntese e ademais do rexeneramento da atmosfera e o osíxeno esgotaríase o alimento para os herbívoros polo que morrerían os animais mais pequenos que constitúen o alimento para a cadena superior, os carnívoros e por suposto os humanos non nos vemos fora deste posible e desastroso final. Nunha cadea se faia un eslavón, faia todo ao igual ca nucha composición de dominó.

 Aquí déixovos un vídeo para que vexades que este non é un problema externo a nós e onde se explica un pouco máis a importancia das abellas e a problemática con elas.


Fontes de información:


Alba Cortés Coego

1 comentario:

Unknown dijo...

Alba moi interesante a túa información.