martes, 24 de septiembre de 2013

Unha pila microbiana xera electricidade grazas á axuda das bacterias.


      As pilas microbianas xa levan varios anos existindo. Trátase dun sistema mediante o cal as bacterias descompoñen residuos orgánicos e xeran electricidade.
Séguese investigando para melloralas; porque abren unha porta máis ás enerxías renovables. De feito saen moi baratas e non son contaminantes.
       Agora, dous españois do Colexio Retamar de Pozuelo de Alarcón e un da Universidade Autónoma, competirán co seu proxecto da pila microbiana a nivel mundial no 25º Certamen para Xóvenes Científicos da Unión Europea no que compiten rapaces de todo o mundo, e disputarase en Praga.

Os xóvenes traballando no proxecto da pila microbiana.

      ¿E como funciona? Pois unha das dúas botellas que se necesitan (ou cámaras) contén barro e residuos orgánicos do que se alimentan as bacterias mediante procesos de oxidación. Ao consumilos, liberan electróns. Estes pasan a través dun cable á outra botella ou cámara que contén auga. E é así como se obtén enerxía eléctrica, e degrádanse residuos de maneira limpa.
      O Profesor que dirixe o proxecto, Javier Fernández Portal, asegura que ten un custo dun 88% menos que os que se levaron a cabo ata agora, e  un 7% máis eficaz.
      ¿É ou non un avance para a ciencia?



Patricia PF 1º Bach A

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Paréceme un proxecto xenial xa que será beneficioso para o medio ambiente e para ahorrar enerxía. Oswaldo Zorrilla 1ºBach A.

Unknown dijo...

Patricia unha noticia moi interesante que nos mostra xoves interesados pola ciencia.

Patricia Moreiras. dijo...

Na miña opinión é unha noticia de moito interese xa qUe mostra unha maneira de eliminar os resuidos sen contaminar e aporta enerxía de forma ecolóxica.
Patricia Moreiras 1ºBach D