domingo, 1 de diciembre de 2013

POLÉMICA SOBRE O USO DE LINGOTES ROMANOS PARA INVESTIGAR MATERIA ESCURA E NEUTRINOS

Os lingotes de chumbo recuperados dos antigos naufraxios presentan unhas características ideais para os experimentos de física de partículas. Científicos do detector da materia escura CDMS  en Minnesota (EE.UU) e do observatorio de neutrinos CUORE  no laboratorio Gran Sasso (Italia) os comezan a empregar, pero os arqueólogos advirten sobre a destrucción e o comercio do patrimonio histórico que hai detrás. A revista Science  fai eco de este dilema formulado polos investigadores españois.




Fai dous mil anos un barco romano con lingotes de chumbo extraído da Serra de Cartagena afundise fronte as costas de Sardeña. Dende 2011 máis dun centear destes lingotes emprégase para recubrir o CUORE, un avanzado detector de neutrinos (partículas subatómicas case sen masa) no laboratorio Nazonal Gran Sasso de Italia.

No século XVIII naufragou outro barco cargado de lingotes de chumbo na costa de Francia. Unha empresa Cazatesouros recuperou este material e, aínda que tico problemas coas autoridades francesas, logrou vendelo ao equipo do CDMS. Este detector localizado nunha mina de Minnesota (EUA) busca indicios da esnigmática materia escura, que se supón constitúe un cuarto do universo.

Estes dous exemplos serviron de referencia para o debate que dous investigadores españois afincados en Reino Unido abriron entre os arqueólogos, molestos coa destrución do patrimonio histórico subacuático, e os físicos de partículas, satisfeitos de encontrar un material único para as súas investigacións sobre neutrinos e materia escura.


"O chumbo romano resulta esencial para a realización destes experimentos, xa que ofrece unha pureza e uns niveis tan baixos de radiactividade, tanto máis canto máis tempo estivesen mergullados que non se poden alcanzar cos métodos actuais de produción deste metal", explica a SINC a arqueóloga subacuática Elena Pérez Álvaro dende a Universidade de Birmingham.


CUORE, que iniciará operacións o próximo ano, investigase os neutrinos: partículas fundamentais sen carga eléctrica e que durante moito tempo se pensara que non tiñan masa. As investigacións confirmaron que os neutrinos teñen masa, pero non foi posible precisar unha cifra. O obxectivo é usar o detector para tratar de observar un teórico evento atómico chamado Dobre Desintegración Beta sen neutrinos ( un proceso radiactivo onde un núcleo atómico libera dous electróns e ningún neutrino) . A dobre desintegración beta "estándar" está acompañada pola liberación de dous neutrinos. Observando este evento predito pero nunca antes visto, os físicos esperan estimar a masa do neutrino e establecer cando os neutrinos e a súa contraparte de antimateria, os antineutrinos, son partículas distintas. Algúns cren que os dous son un e o mesmo.


PREGUNTAS:


Débese sacrificar unha parte do patrimonio histórico para alcanzar un maior coñecemento do universo e da propia orixe do ser humano? 

Cedemos unha parte do noso pasado para saber máis sobre o noso futuro?


FOTES DE INFORMACIÓN: 

http://www.agenciasinc.es/Noticias/Polemica-sobre-el-uso-de-lingotes-romanos-para-investigar-materia-oscura-y-neutrinos

http://ecodiario.eleconomista.es/ciencia/noticias/5352839/11/13/Polemica-sobre-el-uso-de-lingotes-romanos-para-investigar-materia-oscura-y-neutrinos.html

http://www.tendencias21.net/Polemica-sobre-el-uso-de-lingotes-romanos-para-investigar-materia-oscura-y-neutrinos_a27825.html



Lucía Milagros Fernández Taboada 1ºBach. A






No hay comentarios: