domingo, 20 de enero de 2013

Os dez protagonistas da ciencia no 2012 segundo a revista Nature

Xa que a semana pasada a miña noticia trataba dos dez descubrimentos máis importantes do 2012 segundo a revista 'Science', esta semana a noticia tratará sobre o top ten dos científicos que marcaron a ciencia no 2012 a través dos seus experimentos, da man da revista 'Nature' de Reino Unido que publica por segunda vez este top ten. 
Pero a revista tamén quixo homenaxear a outros nomes cuxos logros son moito menos coñecidos, pero que, dalgunha maneira, cambiaron o coñecemento ou a forma na que éste se consegue ou se comparte.

1- Rolf-Dieter Heuer, o diplomático do bosón de Higgs:

A detección do bosón de Higgs anunciada o 4 de xullo de 2012 foi o descubrimento do ano, quizais incluso da década. Rolf-Dieter Heuer, director xeral do CERN, tivo o control presupostario do LHC, o gran acelerador que xerou o Higgs chocando con protóns entre altísimas enerxías. ‘Nature’ valora a man esquerda e a capacidade de diplomacia de Heuer que, a pesar das fortes presións soubo comprender as precaucións que tomaron os físicos de analizar os datos, pois querían estar seguros antes de anunciar ningún achado, e esperou a que os investigadores estiveran de acordo para facelos públicos.

2- Cynthia Rosenzweig, a gardiá de Nova York:
 
Nova York non olvidará a tormenta Sandy, que inundou os vecindarios máis pretos á costa, destrozou fogares, anegou o metro e deixou a millóns de persoas sen electricidade. Rosenzweig xa previra que algo así podería suceder doce anos antes, como parte dunha avaliación realizada para o goberno dos EE.UU. sobre o cambio climático. Grazas a ese traballo, dice ‘Nature’, a cidade de Nova York incorporou programas de adaptación ao cambio climático nas súas iniciativas a longo plazo, o que inclúe a mellora das reglas de construción ou a creación de zonas de seguridade para evitar inundacións. 

3- Adam Steltzner, responsable da aterraxe do Curiosity:

Cando o rover Curiosity atravesaba a atmosfera marciana o 5 de agosto a gran velocidade, ningún home na Terra estaba tan preocupado como Adam Steltzner, o enxeñeiro que dirixiu o equipo encargado da aterraxe do vehículo da NASA. Non era para menos, durante sete minutos «de terror», o Curiosity efectuou unha cadea de arriscadas maniobras que nunca foran ensaiadas e nas que non cabía o mínimo error. Sen embargo, conseguiu aterrar onde estaba previsto, no cráter Gale, para comezar a misión máis ambiciosa realizada xamais en Marte. 

4- Cédric Blanpain, o rastreador de células:

O equipo do biólogo Cédric Blanpain, da Universidade Libre de Bruselas (Bélxica), identificou un subgrupo de células en tumores de ratóns que parecen ser responsables das recidivas. Estes achados arroxan nova luz sobre o controvertido tema de se as células nai do cáncer existen nos tumores e poden ter implicacións para futuras terapias.




 
5- Elisabeth Iorns, a favor do método científico:
 
Motivada por unha experiencia persoal xa que recibiu duros ataques ao tratar de advertir e demostrar que un estudo elaborado por terceiros tiña fallos, a xenetista Elizabeth Iorns fundou en agosto a Reproducibility Iniciative en Palo Alto (California), que permite aos autores expor os seus estudos para ser repetidos polos seus colegas de forma desinteresada. Se a investigación é replicada, as conclusións aparecen na revista científica PLoS ONE cun enlace ao estudio orixinal.




6- Jun Wang, dono do xenoma:

Este científico de tan so 34 anos lidera o Instituto Chino de Investigación (BGI), o maior secuenciador de xenomas de todo o mundo. O BGI creouse en 1999 para dar respaldo ao Proxecto Xenoma Humano. Cando foi creado, tiña o 1% da capacidade para secuenciar xenomas existente no mundo, ahora ten o 50%. Traballa con 10.000 colaboradores de universidades e compañías farmacéuticas e agrícolas, e é capaz de comprar a outras empresas do mesmo campo. A súa ambición case imposible: secuenciar o xenoma de cada organismo no planeta. Ten un importante papel na secuenciación de 10.000 vertebrados, 5.000 insectos e outros artrópodos e máis de mil paxaros, algúns de eles extintos.

7- Jo Handelsman, a detective dos prexuízos:

A microbióloga da Universidade de Yale realizou un experimento que pon de manifesto os prexuízos sexuais no mundo científico. Asegura que tanto homes coma mulleres tenden a aplicar soldos menores aos curriculum profesionais das aspirantes femininas. Handelsman enviou a máis de cen científicos o mesmo C.V. dun suposto estudante que buscaba traballo nun laboratorio, e pediulles que evaluaran qué salario merecía. A única diferenza é que nalgúns casos o estudante chamábase «John» e noutros «Jennifer». Os investigadores mostrábanse maioritariamente máis interesados en «John» e ofrecíanlle un salario superior.

8- Tim Gowers, o matemático activista:

Este matemático da Universidade de Cambridge e gañador da medalla Fields (o máis alto honor das matemáticas), iniciou a súa propia cruzada contra Elsevier, o xigante de publicacións académicas con sede en Amsterdam. Gowers cre que as prácticas da compañía obstaculizan a difusión da investigación (prezos altos, obrigar as bibliotecas a comprar revistas que non queren para poder acceder as máis famosas, etc). Máis de 13.000 investigadores de todo o mundo, moitos deles tamén matemáticos, uníronse a él e fixeron a promesa pública de non ter nada que ver coa editorial, entre cuxas revistas de alto impacto se encontra ‘The Lancet’.

9- Bernardo de Bernardinis, condenado por non prever un terremoto:
 
A madrugada do 6 de abril de 2009, un terremoto de 6,3 grados na escala de Richter matou a 309 personas e feriu a 1.500 na cidade de L’Aquila, no centro de Italia. Unha semana antes, a Comisión de Grandes Riscos -formada por científicos expertos en seísmos- dixera que non existía un peligro concreto. Así o comunicou Bernardo de Bernardinis, entonces subdirector técnico de Proteción Civil. Él e os sismólogos expertos foron condenados a prisión por elo, por non «prever» o terremoto, algo que a comunidade científica considera imposible. Á espera do resultado da súa apelación, Bernardinis séguese a considerar inocente.

10- Ron Fouchier, o rastreador da gripe aviar:

Ron Fouchier, do Erasmus Medical Center (Países Baixos), descubriu que cinco mutacións na cepa dun virus de gripe aviar H5N1 son suficientes para conferirlle a capacidade de transmitirse en huróns por vía aérea. Estes achados, publicados de forma íntegra na revista ‘Science’, subliñan o risco de que un virus similar transmisible podería evolucionar de forma natural e causar unha pandemia humana. O estudo pode axudar a desenvolver un sistema mundial de biovixilancia da gripe e novos medicamentos e vacinas.

Enlaces:
http://www.abc.es/ciencia/20121219/abci-diez-protagonistas-ciencia-2012-201212191559.html

http://www.nature.com/news/366-days-nature-s-10-1.11997 

Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

2 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Para ti cal é o científico que che parece máis interesante?

Paula Meixeiro dijo...

Para min son todos interesantes xa que todos fixeron grandes descubrimentos aínda que cada un dunha cousa. Ademais ao aparecer na revista 'Nature'nótase que son moi relevantes. Pero polos que máis me inclino son por Rolf-Dieter Heuer e Adam Steltzner porque ambos estiveron ao 'mando' de importantes descubrimentos e non é fácil chegar ata onde están eles, ademais no caso de Adam tivo que pasalo moi mal durante eses sete minutos vendo como aterraba o Curiosity en Marte facendo maniobras que nunca antes foran ensaiadas.