sábado, 2 de febrero de 2013

Recreación do corazón “made in Spain” consegue o premio a Mellor Vídeo Científico do 2012.


A Fundación Nacional de Ciencias de EE.UU  e a revista Science premian a un vídeo que simula e mostra o funcionamento do corazón humano. Realizado por Barcelona Supercomuting Centre (BSC), foi escollido como mellor vídeo científico do mundo no 2012 de entre máis de 200 propostas de 18 países. Este titúlase 'Alya Red: a computational heart' e o seu desenrolo implicou a médicos, bioenxeñeiros e investigadores en supercomputación e en imaxe médica.

Este vídeo de non moito máis de 4 minutos foi suficiente para ó xurado de expertos do Premio Internacional de Visualización de Ciencia e Enxeñería. “Quedeime literalmente alucinado”, di Micheael Reddy, membro do xurado, á revista Science. “Despois de ver o vídeo por primeira vez, pensei: cambiei a maneira na que vexo un corazón”. A organización do premio tamén organizou unha votación popular na rede onde o vídeo volveu a quedar en primeira posición.

A investigación baseouse en técnicas de resonancia magnética e as de supercomputación empregadas no proxecto de Alya Red. O vídeo ensina, a través da mestura de imaxes médicas antigas e representacións en 3D, unhas simulacións realizadas por ordenador cunha ferramenta chamada Alya System. O obxectivo é mellorar a comprensión deste complexo órgano e poder simular a acción de novos fármacos no corazón. 

O vídeo está en inglés, pero o BSC ten previsto publicar un traducido ó castelán.



Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Antía, está claro a bioinformática abrirá moitas portas a moitas ramas da Ciencia, neste caso a Medicina.