domingo, 24 de febrero de 2013

As focas poden durmir coa metade do seu cerebro


Ao parecer segundo un estudo publicado no 'Journal of Neuroscience' polos investigadores da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) e da Universidade de Toronto, as focas saben durmir na auga poñendo en modo «sono» a metade esquerda do seu cerebro mentres que a parte dereita segue en vixilancia.

Este estudo consistiu en identificar as substancias químicas que permiten manter unha parte do cerebro en vixilancia e a outra parte durmindo. A principal autora do estudo, a doutora Jennifer Lapierre, descubriuno medindo os cambios que afectaban as diferentes substancias químicas no cerebro. A investigadora constatou que o nivel dun neurotransmisor importante, estaba baixo a parte durmida e elevado na parte esperta, o que fai pensar que esta substancia estimula a actividade desta última.

Ao mesmo tempo, os investigadores observaron con sorpresa que outra substancia importante, a serotonina, mantiña a mesma tasa tanto cando a foca estaba durmida como cando estaba esperta, mentres que os biólogos pensaban que ésta era a responsable da estimulación do cerebro.

Un dos autores da investigación, o profesor John Peever asegura que “É impresionante desde o punto de vista biolóxico. As focas durmen desta maneira cando están na auga, pero o curioso é que cando están en terra, durmen coma os humáns e a nosa investigación pode explicar ese fenómeno”.


Estes descubrimentos, a certa xente pódelles parecer pouco importantes pero se nos paramos a pensar, poden ter unha certa importancia para os humáns, xa que permiten avanzar a investigación sobre os mecanismos do sono. Un 40% dos estadounidenses sofren problemas de sono, segundo revela outro dos autores do estudo, Jerome Siegel, do Instituto de Investigacións sobre o Cerebro da UCLA.

Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach.D

2 comentarios:

Mauro Rivas Ferreiro dijo...

No me acordo onde, pero eu tamén vin unha reportaxe sobre eso, e dicía que golfiños e algunhas baleas tamén durmían de ese xeito.
Mauro Rivas, 1º C

Andrea Núñez Domínguez dijo...

Eu vino nun reportaxe da dous. Algo sí como que os case todos mamíferos acuáticos tiñan ese tipo de tendencia, a durmir así.
Andrea N.D. 1ºC