sábado, 13 de abril de 2013

Un español detrás do proxecto BRAIN: O mapa do cerebro humano


O  investigador español Rafael Yuste, profesor de ciencias biolóxicas e neurociencias da Universidade de Columbia (New York) e co-director do Instituto Kavli para a Ciencia Cerebral, é un dos inspiradores  da iniciativa de investigación neurolóxica que se vai a levar a cabo durante a próxima década co apoio do presidente Obama: O mapa do Cerebro Humano. En xuño do 2012, Rafael Yuste publicou un artigo na revista Neuron, no que sinalaba as bases do apoio deste proxecto, que agora vaise a levar a cabo. “En EEUU unha persoa pode suxerir unha idea, e un ano máis tarde, esa idea chega á Casa Blanca e conta co apoio do presidente” di o científico nunha entrevista recente.
O cerebro humano, con 100.000 millóns de neuronas e 10.000 conexións, é un campo descoñecido para o ser humano; é a única parte do corpo que non sabemos como funciona. Por iso, Barack Obama, o presidente dos Estados Unidos, anunciou a semana pasada que aportará 100 millóns de dólares do presuposto do 2014 para o proxecto BRAIN (siglas en inglés de Investigación do Cerebro a través do Avance de Neurotecnoloxías Innovadoras), defendendo a necesidade de que o Estado aposte pola ciencia e polos investigadores e non perda a oportunidade de investigar e de apoiar iniciativas que teñen a capacidade de mellorar a vida de moita xente.
Este megaproxecto científico unirá as axencias e laboratorios científicos de EEUU e a importantes empresas informáticas, co obxectivo de desenvolver técnicas para rexistrar a actividade completa dos circuítos neuronais. Trátase dun proxecto interdisciplinar no que participarán enxeñeiros, químicos, físicos e neuro e nanocientíficos. Segundo os científicos  que desenvolven o plan, este esforzo promoverá tecnoloxías que permitirán producir imaxes dinámicas do cerebro nas que se poderá ver como as células individuais e os complexos circuítos de neuronas interactúan á velocidade do pensamento.
Segundo Yuste, “é un momento  histórico”. As enfermidades cerebrais, como alzheimer, epilepsia e outros trastornos mentais están estendéndose cada vez máis apresa e non se poden curar porque non se coñece actividade do cerebro. A creación do mapa do funcionamento dos circuítos cerebrais non será unha solución milagrosa para estas enfermidades pero axudará a  paliar estes males. Queda moito que facer e Rafael Yuste está desexando pórse a traballar.

 VÍDEO: entrevista con Rafael Yuste tras el anuncio de Barack Obama




Logrará este mapa acabar cunha das enfermidades máis temidas desta época como o é o alzheimer? En qué consiste precisamente esta enfermidade?

FONTES DE INFORMACIÓN


Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

2 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Seguro que este proxecto nun futuro próximo axudará a curar enfermidades neurodexenerativas... esperemos que teña tanto futuro como no caso do Proxecto xenoma.

Carmen Cid Manzano dijo...

Coñecemos aos deportitas españois famosos pero non os científicos, que pena!