sábado, 27 de abril de 2013

Día Internacional da Terra, 22 de abril




O Día Internacional da Terra ten a súa orixe nunha manifestación que tivo lugar o 22 de abril  de 1970 nos Estados Unidos impulsada polo senador e activista ambiental Gaylord Nelson, quen buscaba crear conciencia sobre os problemas da polución e superpoboación para o cal creou unha axencia ambiental para supervisar e controlar eses temas. Nesta convocatoria participaron dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e centenares de comunidades. A presión social tivo os os seus logros e o goberno dos Estados Unidos creou a Environmental Protection Agency (Axencia de Protección Ambiental) e unha serie de leis destinadas á protección do medio ambiente.
Dous anos despois da instauración do Día da Terra, en 1972, arrancou a primera conferencia internacional sobre o medio ambiente. A conferencia chamouse Cume da Terra de Estocolmo e tivo como principal obxectivo sensibilizar ao mundo dos problemas do medio ambiente.

Pero a 43 anos da súa instauración, segue habendo problemas no planeta que non se puideron resolver.

Este ano, o Día da Terra complementouse coa campaña "O rostro do cambio climático" na que destaca a importancia do impacto ambiental que está tendo o cambio climático no medioambiente e na vida de todos os habitantes do planeta.
De feito, este luns miles de persoas en todo o mundo festexaron e referendaron o seu compromiso por unha saudable interdependencia entre os seres humanos, as demais especies vivas e o planeta Terra.
A ONU alenta aos gobernos a lograr un "xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras".


Como dato curioso, xa sabemos que o famoso buscador Google sempre fai doodles interactivos nas datas importantes e este día non iba ser menos.
Google participa este ano convertindo o seu logo nunha paisaxe de montaña, con ovellas, árbores e un río cheo de peixes no que se aprecian os ciclos da natureza e o paso do día á noite. Ao accionar o “play” do sol, este móvese de esquerda a dereita mostrando o avance do día e as catro estacións do ano.

Con todo esperemos que a medida que pase o tempo isto non vaia a peor e que pouco a pouco nos vaiamos concienciando de que Terra non hai máis que unha e se queremos conservala, temos que cuidala.







Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Unha oportunidade para defender o Medio Ambiente