sábado, 11 de mayo de 2013

TRISTE RÉCORD

A Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de Estados Unidos acaba de revelarnos un triste récord; o nivel de dióxido de carbono superou por primeira vez as 400 partes por millón, é dicir, a emisión de gases de efecto invernadeiro alcanza o seu máximo histórico. Non é pois para estar orgullosos senón todo ao  contrario, o bastante preocupados como para tomar conciencia dunha vez por todas de que de seguirmos así, o dano causado no medio ambiente polas nosas actividades e polo uso intensivo de combustibles fósiles contaminantes pode ser letal para o futuro do planeta. Segundo o científico Michael Mann estamos volvendo a un clima prehistórico, o do Mioceno, pero daquela, hai máis de 10 millóns de anos, as temperaturas eran máis quentes, había  pouco xeo e o nivel do mar estaba moi debaixo do actual. Concluíndo; ou baixamos os niveis de dióxido de carbono ou  será a fin do noso planeta e do que entendemos hoxe por vida.

No hay comentarios: