sábado, 18 de mayo de 2013

O CSIC frea un ensaio sobre o Alzheimer por falta de financiación


O CSIC denunciou esta semana que por falta de financiación non foi posible pór en marcha o ensaio clínico en fase III dun fármaco contra ó Alzheimer.
Este fármaco, denominado Tideglusib, probado en modelos animais, aumenta a capacidade de aprendizaxe, frea a morte neuronal e diminúe a inflamación cerebral, resultados que se publicaron no 2009 na revista Neurobiology of Aging.
 Para comprobar a eficacia dun fármaco en humanos, cada fármaco ten que superar 4 fases. O Tideglusib superou a fase I (demostrouse a súa seguridade probándoo en voluntarios sans) e a fase II na que se probou a seguridade en 350 pacientes con Alzhéimer nos que comezaron aparecer leves sinais da súa eficacia. Pero agora o grupo de investigadores non pode seguir. Para realizar a fase III, que xa tiña que estar en marcha dende finais do 2012, é necesario recrutar a 1500 pacientes de varios países.
Noutras ocasións as administracións financian os ensaios clínicos nas primeiras fases, e as fases III e IV son apoiadas por laboratorios ou compañías farmacéuticas. Agora os investigadores están en contacto con ambas partes, intentando conseguir o diñeiro suficiente co fin de levar a cabo o seu proxecto, que se se proba a súa eficacia podería estar no mercado en tres anos.
Sería un paso moi importante no tratamento desta enfermidade que cada día afecta a máis persoas. Pero é moi importante que se comprobe a eficacia do fármaco e tamén habería que ter en conta os seus efectos secundarios, para evitar situacións como a de fai unhas semanas, na que Europa suspendeu a venta do relaxante Myolastan, por risco de reaccións cutáneas.


FONTES DE INFORMACIÓN

http://www.publico.es/455339/el-csic-frena-un-ensayo-sobre-el-alzheimer-por-falta-de-financiacion

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

2 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Que é o CSIC?

Iago Rodríguez Peña dijo...

É o Consello Superior de Investigacións Científicas, a maior institución pública dedicada á investigación en España e a terceira en rango de importancia a nivel europeo. Está adscrita ó Ministerio de Economía e Competitividade e o seu principal obxectivo é desenvolver e promover investigacións en beneficio do progreso científico e tecnolóxico.