sábado, 8 de febrero de 2014

A idade non é un obstáculo para a rexeneración neuronal

Un novo estudo da Universidade Yale en Connecticut, Estados Unidos, descubríu que o que limita de xeito determinante a rexeneración neuronal non é a idade senón a insulina. O achado fíxose en vermes envellecidos, pero é posible que a mesma situación aconteza no ser humano.

Nos vermes estudados, a insulina é o que inhibe a capacidade das neuronas motoras para repararse, un descubrimento que suxire que o deterioro do sistema nervioso podería non ser inevitable.

A medida que envellecen, todos os organismos sofren unha redución da súa capacidade para rexenerar porcións danadas do sistema nervioso. Este sistema regula a súa propia resposta ante a idade, polo tanto,  é factible obter animais que vivan máis tempo do normal pero cuxo sistema nervioso envelleza ao ritmo normal, ou, á inversa, obter animais que morran a idades normais pero cuxo sistema nervioso se manteña novo ata o final.

O obxectivo desta nova liña de investigación é descubrir cómo conseguir rexenerar neuronas sen que a idade da persoa sexa un impedimento.

  • Paréceche interesante este descubrimento?
  • Recordas o funcionamento das neuronas? Déixoche o seguinte vídeo para refrescar a memoria:


Alba Álvarez Pacios nº1 1ºBACH-A

No hay comentarios: