sábado, 1 de marzo de 2014

Indicios de vida nun meteorito marciano

Un equipo de científicos do Centro Espacial Johnson en Houston, e do Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) en Pasadena, California, os dous da NASA, encontraron evidencias de auga e marcas que puideron ser producidas por organismos biolóxicos no pasado ao longo dun meteorito marciano encontrado na Antártida.

As análises descubriron que a rocha se formou hai 1.300 millóns de anos (aproximadamente) dun fluxo de lava en Marte. Hai uns 12 millóns de anos, produciuse un impacto no planeta que despediu o meteorito da superficie. A rocha viaxou polo espazo ata que caeu na Antártida hai uns 50.000 anos.

A rocha foi encontrada no glaciar de Yamato na Antártida por unha expedición xaponesa de investigación no ano 2000. O meteorito clasificouse como marciano pola composición dos átomos de osíxeno dentro dos minerais de silicato e os gases atmosféricos marcianos atrapados.

O equipo encontrou dous conxuntos distintivos das características asociadas coa arxila derivada de Marte. O primeiro son gretas e microtúneles que se abren paso ao longo do meteorito. Os microtúneles observados mostran formas ondulantes curvas consistentes coas texturas alteradas polas bacterias observadas nos vidros basálticos terrestres.
E o segundo, conxunto de características consta de esférulas de tamaños dun nanómetro a un micrómetro que se intercalan entre as capas dentro da rocha e son distintas da capa de carbonato e silicato.


Fontes: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/02/28/53106a3b268e3ed9138b4574.html
            http://www.abc.es/ciencia/20140301/abci-pruebas-vida-nuevo-meteorito-201402281742.html


Antía Rodríguez Constela 1ºBach A

No hay comentarios: