lunes, 27 de enero de 2014

Descuberta unha nova especie de delfín de río no Amazonas.


Seis científicos de distintos países, a maioría afincados en Brasil, descubriron unha nova especie de delfín de río que vive no río Araguaia (Brasil) bautizado como o delfín Araguaia (Inia Araguiaensis) e con él son cinco as especies coñecidas de delfíns de río.

Están en perigo de extinción ameazados polo desenvolvemento e a construción de presas hidroeléctricas. O delfín do río Yangtsé era o último en ser descuberto ata agora (en 1918), e extinguiuse en 2007.

Esta especie xurdiu hai case dous millóns de anos, e o seu número de individuos é baixo: calcúlase que pode haber aproximadamente 1.500 delfíns araguaia.


Para asegurarnos e confirmar que deran cunha nova especie, os seis científicos, realizaron experimentos co ADN mitocondrial. Despois dos experimentos replicados, decidiron usar marcadores nucleares (unha análise no laboratorio sobre un segmento do cromosoma para identificar as partes que teñen en común dous individuos) e estudar a morfoloxía.


Mentres comparaban as mostras nos seus laboratorio concluíron que había unha clara evidencia de que os individuos que viven no Río Araguaia representan, bioloxicamente, un grupo distinto.


FONTES: 
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/24/actualidad/1390584729_105093.html
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/25/52e269e4e2704e21188b457a.html


No hay comentarios: