lunes, 17 de febrero de 2014

Naceu unha nova illa

A actividade volcánica ao longo do Pacífico deu lugar a unha pequena illa situada no arquipélago das Illas Ogasawara, a uns 1.000 quilómetros ao sur de Tokyo.
O satélite EO-1 da NASA observou dende o espazo a nova illa o 8 de decembro de 2013. A auga circundante aparece coa súa cor distorsionada pola presenza de gases e minerais volcánicos, así como sedimentos do fondo mariño levantados como consecuencia da erupción volcánica na que se creou esta illa.
Ésta forxouse durante unha erupción volcánica da que se tivo a primeira noticia o 20 de novembro de 2013.


Ao principio, asumiuse que tería unha existencia efémera, como outras illas formadas recentemente fronte á costa de Paquistán e no Mar Vermello, as cales de xeito natural non tardan en quedar afundidas por debaixo do nivel do mar cando a erosión exercida polas ondas acaba arrancando boa parte do material solto que constitúe o terreo

Non obstante, a xulgar polos últimos datos, parece que a nova illa ten un tamaño como para sobrevivir non só durante varios anos, se non de forma permanente. A comezos de decembro, xa crecera ata medir 56.000 metros cadrados, preto de tres veces o seu tamaño inicial. Ademais, a súa superficie está entre 20 e 25 metros sobre o nivel do mar, o que tamén axudará á conservación da illa.





Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH-A

No hay comentarios: