sábado, 19 de noviembre de 2011

Misión X: Entrénate como un astronauta en 2012

O astronauta da ESA André Kuipers invita a estudantes de todo o mundo a facer exercicio e a seguir unha dieta equilibrada para que se poñan en forma como os astronautas. ¡A nova Misión X arrinca en febreiro de 2012!

Na Terra é importante comer san e facer exercicio de forma regular. A bordo da Estación Espacial Internacional, é vital ? en condicións de microgravedad, os astronautas necesitan facer exercicio dúas horas ao día para manterse en forma.
A ESA está traballando coa NASA e con outras axencias espaciais para mostrar aos exploradores do espazo como un modelo a seguir, para que os mozos de todo o mundo comprendan a importancia do exercicio físico e dunha alimentación saudable. 
A Misión X inclúe actividades como "Escalemos unha montaña marciana", "Demos un paseo espacial", e outras moitas. Os módulos científicos inclúen atractivas actividades sobre a saúde dos ósos, a hidratación ou a importancia do contido enerxético dos alimentos.


O obxectivo da Misión X é axudar ás novas xeracións a coidar a súa saúde e forma física.


Para participar: Escribe a isseducationteam@esa.int para recibir o formulario de inscrición na Misión X 2012.


Podes atopar máis información en www.trainlikeanastronaut.org. ou en http://www.esa.int/esaCP/SEMJBQWWVUG_Spain_0.html


Feito por Yurema Seara Núñez 2ºB

viernes, 18 de noviembre de 2011

A sonda Cassini documenta o desenvolvemento dunha tormenta xigante en Saturno

A sonda Cassini é un proxecto conxunto da NASA,a Axencia Espacial Europea(ESA) e a italiana(ASI).



Esta sonda seguiu a esta tormenta durante toda a súa evolución,200 días nos que a tormenta se estendeu por unha área de 15.000 km na cara norte de Saturno. O radio da sonda permitiunos detectar que esta é unha tormenta convectiva ,isto quere dicir que a tormenta ten actividade eléctrica.

Esta tormenta é a máis grande detectada nas ultimas décadas en Saturno é a maior observada desde unha nave interplanetaria.



Nesta foto pódese observar unha pequena mancha que aparece o 5 de decembro de 2010 e que se vai facendo cada vez máis grande e transformándose nunha xigantesca tempestade,que a finais de xaneiro de 2011 xa lle dera a volta a todo o planeta.

Esta tormenta convectiva terminou a finais de xullo deste ano pero aínda se poden observan algunhas nubes turbulentas que isto xerou.

Andrew Ingersoll (membro do equipo de imaxes de Cassini no Instituto de Tecnoloxía de California en Pasadena.) sinalou que a tormenta de parece máis a un volcán que a un sistema climático terrestre.


A sonda Cassini:



A sonda Cassni,que orbita Saturno,foi lanzada ao espazo en outubro de 1997 e chegou en 2004 xunto coa sonda Huygens de ESA. Esta nave tiña como finalidade estudar a Titán,a lúa maior do planeta.

Leva seis anos transmitíndonos información do sistema solar pero xa debería de haber finalizado a súa viaxe en 2008 pero esta decidiuse prolongar ata o 2017 para que estude os cambios climáticos do planeta e nas súas lúas.

Fonte de información

·Paula García Losada nº11 1ºE bach



miércoles, 16 de noviembre de 2011

Tres nuevos elementos químicos: darmstadtium, roentgenium y copernicium

La Unión Internacional de Física Pura y Aplicada aprueba oficialmente los nombres de tres entradas en la Tabla Periódica.


La Asamblea General de la Unión Internacional de Física Pura y Aplicada (IUPAP, en sus siglas en ingles), reunida en Londres, ha aprobado los nombres de tres nuevos elementos químicos: los 110, 111 y 112, que se llaman a partir de ahora darmstadtium (Ds), roentgenium (Rg) and copernicium (Cn), respectivamente, según informa el Instituto de Física (Reino Unido). "Los nombres de estos elementos han sido acordados en consultas con físicos de todo el mundo y estamos encantados de introducirlos ahora en la Tabla Periódica", ha declarado Robert Kirby-Harris, secretario general de la IUPAP.

El darmstadtium fue descubierto en 1994, en el Centro de Investigación de Iones Pesados, en Darmstadt (Alemania). No fue un descubrimiento convencional de algo que existe en la naturaleza sino que fue producido en laboratorio bombardeando un blanco de plomo 208 con iones de níquel 62. Se contaron cuatro átomos de este nuevo elemento químicos. Hasta 2001 no se reconoció oficialmente su existencia.


El Roentgenium fue descubierto el mismo año que el darmstadtium y en el mismo instituto alemán, pero los científicos en aquel momento sólo habían obtenido tres átomos y no se consideró suficiente para ser reconocido. Ocho años después se descubrieron otros tres átomos y se aceptó su existencia. Es uno de esos elementos que no existe en la naturaleza de forma natural, los científicos los crean mediante aceleradores de partículas para fusionar núcleos de otros elementos hasta conseguir los nuevos y se desintegran inmediatamente. Por ello, demostrar que se han producido resulta extremadamente complicado y se tardan años en lograr pruebas suficientes y convincentes.




El copernicium, también sintético, es extremadamente radiactivo. Se creó, en 1996, en el mismo instituto de Darmastadt, bombardeando núcleo de zinc-70 contra una blanco de plomo 208 en un acelerador de iones pesados, pero el resultado se consideró controvertido durante años y no fue reconocido como descubrimiento hasta su confirmación en 2009.


Ahora, los nuevos elementos químicos ya son oficiales. Forman la Asamblea General de la IUPAP delegados de academias nacionales y sociedades de física de 60 países. En su última reunión, celebrada en Londres esta semana, además de bautizar oficialmente los tres nuevos elementos, se ha estrenado la primera mujer que ocupa el cargo de la institución: Cecilia Jarlskog, de la Universdiad Lund (Suecia).


Adrián Araújo Fernández nº1, 1ºBach-D


martes, 15 de noviembre de 2011

RUSIA REGRESA DE NOVO A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL (ISS)

(despegue da nave rusa Soyuz)
A nova nave rusa Soyuz TMA-22 puxose en marcha o pasado luns rumbo a ISS coa a axuda do cohete Soyuz FG dende Baikonur(kazajstán) e terá previsto acoplarse este mércores, nesta viaxe forman parte os tripulantes rusos Antón Shkaplérov e Anatoli Ivanishin e o estadounidense Daniel Burbank que se unirán aos actuais tripulates da ISS.

(accidente Soyuz)
Estas viaxes prodúcense despois de que foran retrasadas para revisar a seguridade dos vuelos tras o accidente dun cargueiro( el accidente de un carguero espacial ruso no tripulado que se estrelló en agosto pasado en Siberia después de un lanzamiento fallido) e que supuxo un dos maiores cambios na axencia espacial rusa.

(Cargueiro automático xaponés)

A ISS depende dos vehículos de transporte rusos(para levar e traer astronautas) xa que o progarma de transbordadores da NASA cancelouse definitivamenten e encanto as cargas, contribuen neste proceso os cargueiros automáticos europes(ATV) e os xaponeses(HTV).

(progress)
O Progress levaba 2.9 toneladas de suministros para a Estación Espacial Internacional, este accidente foi o primerio dende 1978 e ocurriu pouco despois de que a nave e os cargueiros rusos se converteran no único eslavón entre a Terra e a ISS tras a xubilación dos transbordadores estadounidenses.

A sucesión de fracasos da industria espacial rusa continuou a semana pasada co lanzamento da la estación interplanetaria Fobos-Grunt que quedou na órbitra terrestre en lugar de ir cara Marte, este lanzamento debía marcar o inicio dunha misión de 34 meses na que se incluía o voo cara a lúa marciana Fobos, o descenso a súa superficie e o retorno a Terra con 200 gramos de suelo do satélite marciano nunha cápsula.


Jaime Cofán Rebollo 1ºBach.D Nº9



lunes, 14 de noviembre de 2011

O asteroide Lutetia


Un equipo de astrónomos do Observatorio Europeo Austral (ESO) descubriu que o asteroide Lutetia é un fragmento sobrante do material orixinal a partir do cal se formou a Terra, Venus e Mercurio. Segundo os científicos, as propiedades do asteroide aseméllanse ás de un raro tipo de meteoritos atopados no noso planeta, o que suxire que a rocha formouse na zona máis interna do Sistema Solar. Nalgún momento, Lutetia debeu de trasladarse a súa actual ubicación, no cinto principal de asteroides situado entre Marte e Xúpiter.

Despois de facer probas para deducir a súa composición resulta que Lutetia posúe propiedades que coinciden en toda a gama de cores con un tipo de meteoritos chamados 'enstatita chondrites'.
Sábese que os enstatitas chondrites corresponden a material que data dos inicios do Sistema Solar. Este material formouse cerca do xoven Sol e xogou un papel fundamental na formación dos planetas rochosos, en particular da Terra, Venus e Mercurio.

Alteración da órbita

Como logrou Lutetia escapar do Sistema Solar interior e alcanzar o cinto principal de asteroides?

Os astrónomos chegaron a estimar que menos do 2% dos corpos situados na rexión onde se formou a Terra acabaron no cinto principal de asteroides. A maioría dos corpos do Sistema Solar interior desapareceron despois duns poucos millóns de anos, a medida que se foron adherindo ós planetas xoves en formación. Sen embargo, algúns dos máis grandes, con diámetros de 100 quilómetros ou máis, foron expulsados cara órbitas máis seguras, lonxe do Sol.

Lutetia posúe uns 100 quilómetros de longo, e un encontro co xoven planeta Xúpiter durante a migración cara a súa órbita actual tamén pode explicar o gran cambio da súa órbita. Créese que Lutetia leva como intruso no cinto principal de asteroides uns catro millóns de anos. Estudios anteriores da súa cor e das propiedades da súa superficie mostran que Lutetia é un inusual e misterioso membro do cinto principal de asteroides. Novos estudios explican que Lutetia é un pequeno supervivente da materia orixinal a partir da cal se formaron os planetas rochosos.

Lutetia parece ser o máis grande e un dos poucos restos de esa materia orixinal no cinto principal de asteroides. Por isa razón, os asteroides como Lutetia representan obxectivos ideais para as futuras misións de retorno con mostras. Así poderemos estudar en detalle a orixe dos planetas rochosos, incluíndo a nosa Terra.

Fonte de información

Diego J. Reinoso Prieto - 1º E - Nº21



domingo, 13 de noviembre de 2011

Cálculos sobre cando e onde poderá caer a "Phobos-Grunt"

Os especialistas rusos seguen intentando recuperar o control da súa sonda Phobos-Grunt, que foi lanzada con destino Marte o pasado martes, pero que quedou en órbita terrestre ao non encenderse os seus motores. As probabilidades de éxito son xa moi escasas e os expertos internacionais en dinámica orbital están xa calculando onde e cando poderá caer na Terra o artefacto de 12 toneladas. Todo apunta hacia algún momento entre finais de novembro e mediados de decembro, e o NORAD (Mando Norteamericano de Defensa Aeroespacial, nas súas siglas inglesas) indica o 26 diste mes como posible data.

As probabilidades de salvar a Phobos-Grunt son "moi, moi pequenas", declarou unha fonte do sector espacial ruso. Os responsables de control da misión fixeron repetidos intentos de captar datos enviados pola nave, pero todos foron fallidos ata agora.
Segundo os cálculos do NORAD tiña que haber caído xa uns 215 metros na súa órbita, e sen embargo os últimos datos indican que se elevou 138 metros, o que podería deberse a falta de precisión nas medicions ou a que se encendeu algún propulsor da nave, tal vez incluso sexa un escape de combustible, continúa Russianspaceweb.com. Ao entrar na atmosfera terrestre, a Phobos-Grunt destruiríase prácticamente enteira e ao chan chegarían só fragmentos. Pero entre eses fragmentos habería un diseñado precisamente para resistir a entrada na atmosfera do noso planeta e chegar íntegro ao chan: a cápsula que traería as mostras tomadas na lúa marciana Fobos.
Con esta noticia, afírmase esa posibilidade de que non todos os experimentos e procedimientos físicos ou científicos resultan eficaces no 100% das súas posibilidades.
Información de : "www.elpais.com". Imaxe de : "www.wikipedia.com".


Raquel Barreiros Novoa 1ºD nº5