domingo, 13 de noviembre de 2011

Cálculos sobre cando e onde poderá caer a "Phobos-Grunt"

Os especialistas rusos seguen intentando recuperar o control da súa sonda Phobos-Grunt, que foi lanzada con destino Marte o pasado martes, pero que quedou en órbita terrestre ao non encenderse os seus motores. As probabilidades de éxito son xa moi escasas e os expertos internacionais en dinámica orbital están xa calculando onde e cando poderá caer na Terra o artefacto de 12 toneladas. Todo apunta hacia algún momento entre finais de novembro e mediados de decembro, e o NORAD (Mando Norteamericano de Defensa Aeroespacial, nas súas siglas inglesas) indica o 26 diste mes como posible data.

As probabilidades de salvar a Phobos-Grunt son "moi, moi pequenas", declarou unha fonte do sector espacial ruso. Os responsables de control da misión fixeron repetidos intentos de captar datos enviados pola nave, pero todos foron fallidos ata agora.
Segundo os cálculos do NORAD tiña que haber caído xa uns 215 metros na súa órbita, e sen embargo os últimos datos indican que se elevou 138 metros, o que podería deberse a falta de precisión nas medicions ou a que se encendeu algún propulsor da nave, tal vez incluso sexa un escape de combustible, continúa Russianspaceweb.com. Ao entrar na atmosfera terrestre, a Phobos-Grunt destruiríase prácticamente enteira e ao chan chegarían só fragmentos. Pero entre eses fragmentos habería un diseñado precisamente para resistir a entrada na atmosfera do noso planeta e chegar íntegro ao chan: a cápsula que traería as mostras tomadas na lúa marciana Fobos.
Con esta noticia, afírmase esa posibilidade de que non todos os experimentos e procedimientos físicos ou científicos resultan eficaces no 100% das súas posibilidades.
Información de : "www.elpais.com". Imaxe de : "www.wikipedia.com".


Raquel Barreiros Novoa 1ºD nº5

No hay comentarios: