jueves, 28 de agosto de 2014

Un pez desvela o salto da vida acuática á terrestre

Fai aproximadamente catrocentos millóns de anos, un grupo de peces comezou a explorar a terra, dando lugar aos tetrápodos anfibios, que máis adiante convertiríanse nos anfibios, aves e mamíferos de hoxe en día. Sen embargo, a evolución anatómica da vida marina hacia a terrestre segue sendo un misterio para os científicos.


Para saber máis sobre este cambio, os investigadores da Universidade McGill (Canadá) estudaron ao Polypterus senegalus, un pez africano coa capacidade de respirar fóra da auga e "camiñar" na terra, algo moi parecido ao que sucedía cos antigos peces que evolucionaron a tetrápodos.

O exemplar de Polypterus foi trasladado a vida terrestre durante casi un ano para ver a súa evolución. O pez mostrou cambios anatómicos e condutales significativos. Camiñou de forma eficaz sobre a terra colocando as aletas pegadas ao seu corpo e erguendo a cabeza. O seu esqueleto pectoral fíxose máis alargado con unións máis fortes a través do seu peito, posiblemente para incrementar o apoio ao camiñar. Tamén observouse unha disminución do contacto co cráneo para permitir potencialmente un maior movemento da cabeza ou do pescozo.

A investigación que adaptou a este pez a vida terrestre é única. Sen dúbida este experimento ofrece novas ideas sobre cómo os peces fósiles puideron utilizar as súas aletas nun ambiente terrestre e qué procesos evolutivos estaban en xogo.

Fonte dinformación:

Rebeca González Pérez,1º Bach.D

No hay comentarios: