En Outubro do 2009 a NASA lanzou un fogete baleiro contra Cobeus, un cráter de case 100 quilómetros de diámetro no polo sur da Lúa. O impacto produciu unha polvoreda de seis toneladas que foi analizada por unha sonda con cámaras e sensores. O resultado da análise asegura que o foguete levantou 155 litros de auga, o que indica que o elemento compón máis do 5% do po luar. Despois de facer uns cálculos o resultado foi que alí haberá polo menos 4.000 millóns de litros de auga, o que daría para manter unha colonia de mil persoas durante 500 anos.
Na nube de po tamén había prata, ouro e 1% de mercurio, o que supón un serio problema para o uso da auga. Pero xa se coñecen formas para separalo mercurio da auga.
Tamén se atoparon compostos orgánicos e dióxido de carbono.
Editado por:Lidia Blanco Otero 1º Bacharelato A
No hay comentarios:
Publicar un comentario