lunes, 25 de octubre de 2010

Protagonista actual da Ciencia: Ignacio Cirac

Programa "Científicos de frontera" (TVE2): entrevista ao físico español Ignacio Cirac, director do Instituto Max Planck para Óptica Cuántica (Alemaña) e premio Fronteiras do Coñecemento 2008 da Fundación BBVA. Cirac narra a súa fascinación polos fenómenos que ocorren na materia a escala de millonésimas de milímetro: no mundo cuántico, por exemplo, os cambios nunha partícula poden manifestarse instantaneamente noutra situada a gran distancia, e sen que exista conexión material entre ambas. Nin maxia, nin ciencia ficción; un feito físico no que se basean aplicacións tecnolóxicas xa existentes, e que constitúe o fundamento dos futuros computadores cuánticos.



No hay comentarios: