Humberto Michinel |
Tres investigadores, Humberto Michinel, Daniele Tommasini y David Novoa, físicos da universidade de Vigo co seu campus na nosa cidade, Ourense, estiveron a investigar sobre os estados da luz ata que atoparon un novo estado da luz denominada luz fermiónica. Segundo o investigador Michinel di que “unha analoxía que tratamos de realizar baseada nas ecuacións que describe como se comporta o pulso da luz cando o facemos viaxar no aire son similares ás ecuacións que describen a materia moi comprimida nunha estrela anana branca”. Se a luz se propagase como pulsos no aire libre tería unha propiedades matematicamente moi semellantes ás das estrelas.
Grazas ás investigacións feitas en Ourense, a luz fermiónica (medida en determinadas condicións) podería concentrarse nunha burbulla e podería recorrer enormes distancias sen modificacións.
A luz fermiónica nos abre portas en comunicacións, en defensa e para detectar elementos na atmósfera.
Como podedes ver en cidades como a nosa tamén se fan investigacións que favorecen ao mundo da ciencia.
Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A
No hay comentarios:
Publicar un comentario