miércoles, 10 de noviembre de 2010

O científico Jose Tubío contesta a Lorena

Hola, chámome Lorena e son alumna de 1º de Bacharelato dun insituto público de Ourense
O día 4 de novembro dedicámolo a ciencia en galego. En concreto escollemos 10 científicos galegos facendo unha semblanza de cada un deles e posteriormente subímolas a un blog creado por nós www.acienciatamenecultura.blogspot.com. A min tocoume facer un resumo da súa carreira profesional o que me pareceu moi interesante e admirable. Gustaríame e agradeceríalle que visitara o noso blog e se me contesta co seu permiso a súa contestacón será publicada en dito blog.
Grazas! Un saúdo!



A súa contestación foi:
Hola Lorena, foi una sorpresa moi agradable recibir esta mensaxe tan bonita desde Ourense. Os científicos pasamos moito tempo fóra da nosa terra (eu levo casi un ano en Barcelona) e a morriña nos visita con bastante frecuencia.
Gústame moito saber que hai xente da tua idade (que representades científicos en potencia) que se interesa pola Ciencia. É moi posible que neste momento da vida vos abriguen a aprender cousas que, tal vez, non vos gustan demasiado, pero a experiencia demostroume que as obrigas moitas veces están feitas para ensinar a apreciar o que é bo. Recordo, por exemplo, cando era neno, que meus pais intentaron que fora a clases de piano. Eu o deixei ó cabo dun ano, e hoxe en día sintoo moitísimo. Así que tede en conta que dentro de vos pode estar medrando o científico do futuro, e que si non explorades esa parte do mundo nunca o saberedes.
Sobre a miña vida, quixera contarvos que actualmente estou no Centro de Regulación Xenómica de Barcelona, realizando unha estancia de investigación que durará, cando menos, un par de anos. Estou traballando no Proxecto Xenoma da Leucemia, que representa un dos tipos de cancro máis comúns que afectan ó Home en occidente, coa idea de atopar os xenes involucrados nesta enfermidade.
Tedes un blog moi bonito, ademáis de interesante. Espero que medre moito nos vindeiros meses. Eu fareivos promoción desde aquí.
Moitas grazas por contactar comigo, e podedes (ti ou calquera dos teus compañeiros) escribirme de novo cando querades.

Unha aperta moi forte, e un saudo a tódolos estudantes do teu instituto.

Grazas,
Jose tubio
A propósito, esquecíame de dicir que, por suposto, podedes publicar esta conversa. Ademais envíovos unha foto por si queredes usala no blog.

Grazas de novo,
Jose Tubio

Lorena Yáñez López 1º A

No hay comentarios: