viernes, 5 de noviembre de 2010

España abre o primeiro laboratorio do mundo en crear órganos BIOARTIFICIAIS para transplantes




Fai un par de días saíu nos medios de comunicación unha asombrosa noticia que para moitos pode ser bastante ilusoria. No Hospital Gregorio Marañón de Madrid, acábase de inaugurar o primeiro LABORATORIO DO MUNDO en fascinantes técnicas de medicina rexenerativa. Despois do éxito obtido en animais, adicarase á creación de órganos bioartificiais para transplantes, como corazóns e fígados humanos. A técnica que están a desenvolver basease en limpar mediante deterxentes unha masa de coláxeno que antes era do corazón dun cadáver, para desfacerse das células do donante. Con este proceso de "lavado", é posible obter unha matriz ou andamiaxe celular e eliminar todo o contido celular, para logo poder cambialas polas celulas nai de pacientes sans.
No caso de que este proxecto culmine exitosamente e se obteñan resultados, dentro de dez anos, as novas células que se lle insertarán ao corazón xa serán as do paciente receptor do transplante, é dicir, dipoñerase de O PRIMEIRO CORAZÓN BIOARTIFICIAL para transplantar. Así mesmo, minimizaranse considerabelmente os casos e probabilidades de rechazo e o problema da escasez de órganos doados ós hospitais.

Neste laboratorio que participan tanto expertos españois como estadounidenses, quedan moitas incógnitas por resolver pero supón unha oportunidade revolucionaria para a medicina, sen dúbida un grandioso reto e posible logro sen precedentes.








Eva Rguez.Casas 1ºBacharelato B.

No hay comentarios: