O directór médico da Unidade de Medicina Xenómica do Instituto Universitario Dexeus (Barcelona), Ignacio Lao, ten claro que se se coñece a base molecular dunha enfermidade axudará a deseñar un mellor tratamento. Sen embargo, denuncia que, en España aínda se medica "por ensaio e erro". Dunha opinión similar é a psiquiatra María Inés López Ibor, que emprega na súa consulta test xenómicos para predicir a resposta a tratamentos contra varias enfermidades psiquiátricas. Estes test débense someter a procesos de evaluación establecidos por parte das axencias reguladoras de fármacos. O problema destes test é o seu elevado custo, aínda que se prevé que se reduza considerablemente nos próximos anos.
A pesar do entusiasmo que xeran estas novas tecnoloxías, tamén hai expertos que piden cautela respecto a o seu uso xeneralizado.
Os especialistas están de acordo en que a medicina personalizada será o futuro dos tratamentos, pero non está claro que a situación actual permita implantala xa en todas as áreas, aínda que existan estudos que vinculen variacións xenéticas á resposta a moitos medicamentos.
Para máis información
Editado por: Lidia Blanco Otero 1º bachiller A
No hay comentarios:
Publicar un comentario