Hoxe, o día da ciencia en galego, realizamos unha pequena homenaxe a científica galega Teresa Miras Portugal.
María Teresa, naceu no Carballiño en 1948. Casada e con dous fillos destacou no mundo da ciencia aínda cando só homes o facían, por iso é un exemplo para as mulleres.
Licenciada en Farmacia con Premio Extraordinario e Premio Nacional fin de carreira. Con felicitación do xurado e cualificación de Très Honorable na súa tese Doutoral baseado no enzima de síntese de noradrenalina en humanos. Recibiu numerosos premios entre eles o Premio “María Wonenburger” e o Premio da CEOE de Investigación en Ciencias.
Dirixiu máis de 17 teses doutorais e 5 doutoramentos europeos. Leva publicado máis de 200 traballos dos cales 190 en revistas estranxeiras.
No ano 2007 converteuse na primeira muller elixida como Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia. E neste ano volveu a ser reelixida por tres anos máis.
Actualmente é catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense de Madrid e é membro da Sociedade Española de Biofísica, a Sociedade Española de Bioquímica, a Sociedade Española de Neurociencias e a Sociedad Europea de Neurociencias.
Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A
No hay comentarios:
Publicar un comentario