Chioglossa lusitanica
Dryopteris guanchica
A salamandra rabilarga está localizada moi puntualmente en España só se pode atopar en Galicia e parte de Asturias, debido a que necesita un hábitat moi húmido, con vexetación densa e augas osixenadas e limpas. O principal problema de conservación desta especie é a destrución do seu hábitat, en particular, a contaminación das canles de auga e a tala dos bosques das ribeiras dos ríos, algo que pasaría co actual proxecto da carreira PO-255. Ademais estas obras poden ter un efecto negativo nun dos máis significativos robledales da comarca, vendose afectada unha xoia fitoxeográfica europea, o Dryopteris guanchica ou helecho macaronésico. Esta é unha rareza botánica na Europa continental propia das Illas Canarias, Madeira, ou Azores. Denominada nas fichas da Rede Natura 2000 dos espazos galegos como especie de elevado interese conservacionista e incluída no Catálogo de Especies Ameazadas na categoría de Vulnerable. Con esta noticia podemos apreciar a necesidade de estudios preliminares de impacto ambiental, que se deben facer antes de comezar calquera obra pública que se realice nun territorio, co fin de conservar a biodiversidade e a paisaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario