viernes, 10 de diciembre de 2010

En ciencia non todos son éxitos

Quero salientar que se subín esta noticia é porque xusto hoxe a profesora falounos de que na ciencia non todo son éxitos. Que antes de alcanzalo nun proxecto, seguramente fixeronse moitos anteriores, con numerosas horas de traballo e dedicación que non deron ó resultado esperado. Por iso que mellor exemplo que o caso que tivo lugar nestes días no Xapón.
A sonda 'Akatsuki' fracasó no seu intento de colocarse na órbita de Venus, case sete meses despois de ser lanzada desde a Terra. Trátase da terceira ocasión en que Xapón intenta colocar unha sonda na órbita dun planeta que no sexa a Terra, tras dous intentos falidos, en 1998 e 2003 en Marte.

As caras dos científicos eran un poema Junjiro Onoda, director da Axencia de Exploración Aeroespacial Xaponesa, e Masato Nakamura, xestor do proxecto cosmonáutico que ía colocar o satélite Akatsuki na órbita de Venus, tiveron que comparecer en roda de prensa -situación altamente embarazosa nun país onde a honra conta e os erros paganse- para explicar o por que do fracaso.
A expectación suscitada polo lanzamento era de gran relevancia. A misión falida provocou gran desconcerto e decepción neste país. Falta de costume nun país onde a chapuza non é usual e ninguén a practica nin a entende. Pasarán seis anos, se non máis, antes de que volvan intentalo.
Haberá dimisións, seguro.
Esta é a noticia. Eu sinceramente creo, que me parece un pouco esaxerada a reación da xente. Penso que se lles saíu mal, teñen que estudar osa erros cometidos e tratar de solventalos, non creo que o deban de deixar para dentro de 6 anos. Vós que pensades?


Feito por: María Isabel Limia Pérez

No hay comentarios: