Pola súa elevada temperatura e por ser un planeta xigante non é posible que albergue vida, pero ofrece ós científicos a posibilidade de estudar un tipo de planetas exóticos completamente novos.
A ratio carbono-osíxeno de WASP-12b é superior a un o que respaldaría a teoría de que outro tipo de exoplanetas, os rochosos, podan estar compostos de rochas puras de carbono, como grafito e diamante.
Madhusudhan (o principal autor do estudo) di que para que puidese haber vida neste tipo de planetas tería que ser capaz de sobrevivir a moi pouca auga e oxíxeno e con moito metano e outros hidrocarburos.
Para determinar a composición da atmosfera dun planeta, os astrónomos observan a luz que emite en diferentes lonxitudes de onda. Neste caso, usaron o telescopio espacial da NASA Spitzer. Os resultados combináronse con datos xa dispoñibles doutras observacións realizadas co telescopio Canadá-Francia-Hawai.
Para analizar os datos, Madhusudhan utilizou un programa informático que el mesmo deseñou en 2009, cando traballaba no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). O método xa foi empregado para estudar outros exoplanetas, aínda que agora perfeccionouno engadíndolle un método de análise estatística.
Para máis información

Editado por: Lidia Blanco Otero 1ºBacharelato A
No hay comentarios:
Publicar un comentario