En Australia nos anos oitenta os coellos e os ratóns devastaban os campos o que supoñía unha merma para a economía do país. O científico Ron Jackson comezou a traballar en 1988 no CSIRO, na división de control de animais. Entre os seus obxectivos estaba xerar unha vacina que esterelizase aos coellos. Certas dificultades con estes animais fixo que se realizase unha "proba de concepto" con ratos. Esta proba consistía en introducir no Virus Ectromelia (EV), que causa as vexigas en ratos, o xen ZP3 de óvulos de ratas. Durante a infección co virus modificado, as células infectadas producirían a proteína dos óvulos. O sistema inmunolóxico dos ratos identificarían as proteína dos óvulos coma propias do virus e eliminaría as células que a producisen. Como resultado as femias infectadas quedarían esterilizadas.
En Xaneiro dese mesmo ano Ron Jackson coa compaña do experto en inmunoloxía Ian Ramshaw, publicaron que a proba de concepto era válida, xa que o infectar ratos de laboratorio con dito virus modificado o 70% das ratas quedaban estériles tras o tratamento. O problema estaba en que apenas funcionaba con outras cepas de ratos e o virus precisaba factores que mellorasen o seu resultado.

A posible solución consistía en introducir ao virus o xen da Interleucina 4(IL-4), coa intención de aumentar a produción de anticuerpos e diminuír a resposta frente os virus. Os científicos australianos modificaran xeneticamente o virus creando un novo virus que causaba a morte de todos os animais involucrados no estudo e o máis sorprendente, o novo virus tamén acababa cos ratos previamente vacinados. Era finais do ano 2000, e os biólogos tiñan a primeira evidencia científica dun virus que pasaba a fronteira da vacinación.
Publicar isto era necesario, pero tamén moi perigoso! O virus rebasaba as fronteiras das vacinas! O mesmo Jackson afirmou que ainda que estivese movida para fins pacíficos e en animais, non en humanos, había que ser un idiota para ver que dita tecnoloxía podía ser tranferible!

Hoxe, dez anos despois, Ian Ramshaw cre que cualquier cousa científicamente interesante debe ser publicada. Actualmente é o director do Centro Nacional de Bioseguridade australiano que traballa no compromiso da investigación científica cos seus posibels riscos. Ian acostúmado a discutir sobre o chamado "dobre uso" da ciencia afirma que non só os bioterroristas persiguen os avances da ciencia se non, na súa opinión, a biodefensa só é unha excusa para traballar nestas áreas e están chegando demasiado lexos!! Aínda que a xustificación sexa a defensa, pódense desenvolver organismos que hoxe no existen e que afecten a humanos.
Este historia recorda os problemas que poden xurdir tras a creación de vida síntetica ou trás a manipulación xenética. Ética, mediciña, economía...Que debe predominar?
Editado por Uxía Rodríguez Rodríguez, 1º Bach A
No hay comentarios:
Publicar un comentario