sábado, 18 de diciembre de 2010

O TOP10 deste ano !! Os descubrimentos científicos máis importantes!

Pronto deixaremos o 2010 e, como cada ano, a revista Science recompila os 10 maiores fitos científicos que se desenvolveron ao longo dos últimos 12 meses. Imos comentar brevemente de maior a menor relevancia:
A medalla de ouro foi concedida a primeira máquina cuántica construída por Andrew Cleland e John Martins (Universidade de California en Santa Cruz). Ata agora todos os enxeños deseñados polo home respondían ás leis da mecánica clásica, a rexida polas regras establecidas por Newton. Non obstante estes científicos idearon e construíuron un pequeno aparato moi simple, que se move de modo que só pode ser descrito precisamente polas leis cuánticas. O invento podería ser a base dos ordenadores cuaánticos
A medalla de prata foile concedida a creación de vida artificial. Este ano, Craig Venter, volveu xogar a ser Deus. Logrou non só fabricar no laboratorio a molécula do ADN completo da bacteria 'Mycoplasma mycoides', senón tamén introducilo noutra célula bacteria chamada 'Mycoplasma capricolum' e que teminase comportandose como si fora 'M. mycoides'. O experimento supón un grande avance que abre a vía cara á síntese de ADN de deseño para fabricar fármacos, produtos químicos novos ou biocombustibles. Todo un éxito da chamada bioloxía sintética.


A medalla de bronce, o terceiro posto no ránking da revista Science, é para a descodificación do xenoma do Neandertal. Svante Pääbo, do Instituto Max Planck de Biología Evolutiva (Alemaña), liderou a secuenciación do xenoma do neandertal, a partir de ADN obtido de fósiles de tres femias de fai entre 33.000 e 44.000 anos descubertos en Croacia. Isto permitiulles facer comparacións directas cos xenes da especie humana actual e revelou, que estes primos próximos se aparearon cos 'Homo sapiens' nalgún momento da evolución. De forma que no xenoma de todos nós aínda quedan vestixios deses cruzamentos, así os europeos e asiáticos (pero non os africanos) herdaron dos neandertales entre un 1% e un 4% dos seus xenes. Na investigación destaca a participación de científicos españois.


Os seguintes na lista son:
Profilaxe da sida. Creáronse novos métodos de prevención de contaxio do VIH: un é un xel vaxinal que contén reduce a infección do virus en mulleres nun 39%; o outro é un fármaco de inxestión oral e uso previo á relación de risco, que logrou unha redución de casos de infección por VIH dun 43,8%.
Xenes de enfermidades raras. A secuenciación de pequenos fragmentos do xenoma permitiu a uns científicos identificar as mutacións específicas de polo menos unha ducia de enfermidades.
Simulación molecular. Un equipo de científicos utilizou unha das computadoras máis potentes do mundo para seguir o rastro dos movementos dos átomos no pregamento dunha pequena proteína durante un tempo 100 veces superior a simulacións anteriores.
Simulador cuántico. Para describir o que ven nos experimentos de laboratorio, os físicos recorren ás ecuacións das teorías que poden ser moi difícil de resolver. Uns científicos encontraron un atallo facendo simulacións cuánticas de cristais artificiais nos que os puntos de luz láser xogan o papel de ións e os átomos atrapados na luz son electróns. O achado responde a problemas teóricos da física da materia condensada e pode mesmo resolver o misterio da supercondutividade.
Genómica de nova xeración. As tecnoloxías de secuenciación genómica están a permitir estudos a grande escala de ADN tanto actual coma fósil. Logrouse identificar xa, por exemplo gran parte das variacións genómicas que nos fan especificamente humanos.
Reprogramación celular. As técnicas que permiten reprogramar células de maneira que se invirte o seu desenvolvemento para que se comporten como células nai non especializadas nun embrión fixéronse habituais nos laboratorios de xenética do desenvolvemento. Este ano, uns investigadores atoparon unha forma de facelo con ARN sintético, unha técnica o dobre de rápida que a normal, 100 veces máis eficaz e potencialmente segura para súa utilización terapéutica.
O regreso das ratas. Este ano abríronse vías para facer ratas knockout, como se chaman este tipo de animais modificados xeneticamente, o que facilita o pleno regreso desta especie aos laboratorios. Anteriormente quitaran debido á que presentaban certa incompatibilidade xenética.
Feito por María Isabel Limia Pérez
Máis información en :

No hay comentarios: