domingo, 19 de diciembre de 2010

Decisións tomadas no cumio climático de Cancún



Dende o 29 de novembro ata o 10 de decembro deste ano celebrose o cumio de Cancún sobre cambio climático organizado polas Nacións Unidas. Esta tivo máis éxito que a de Copenhague en 2009, na que non se chegara a ningún acordo.
Os acordos aos que chegaron as delegacións dos diferentes países, excepto a de Bolivia, no Cumio de Cancún foron as seguintes:
· Créase un Fondo Verde Climático (GCF) dentro da Convención Marco que contará cun consello con 24 países membros e cun fideicomisario que nun primeiro momento sería o Banco Mundial. Diseñarano un comité formado por 40 países.
· Incorpórase o compromiso de proporcionar 30.000 millóns de dólares (algo máis de 22.760 millóns de euros) de financiación rápida para o período 2008-2012. A partir de 2020 movilizaranse 100.000 millóns de dólares (máis de 75.000 millóns de euros) por ano para atender as necesidades dos países en desenvolvemento.
· Os países serán máis ambiciosos na redución de emisións de gases causantes do efecto invernadoiro (GEI) e aqueles que estén recollidos neste protocolo deberían, en 2020, reducir as súas emisións entre o 25 e o 40% en relación ós niveis de 1990.
· Aplazouse a decisión sobre se haberá ou non unha segunda fase do Protocolo de Kioto.
· Créase un Marco de Adaptación que prentede potenciar o modo en que se fai frente ós desastres naturais e un Comité de Adaptación que proporcionará apoio técnico ós países que o precisen.
· Fixarase unha data para establecer un límite de emisións.
· Sobre a redución de emisións por deforestación e degradación dos bosques (REDD), levaranse a cabo diferentes actividades para conservar os bosques e especifícase que se terán en conta a Declaración dos Dereitos Humanos dos Pobos Indíxenas.
· Establécese un Centro de Tecnoloxía Climática encargado de identificar a tecnoloxía máis apropiada que será proporcionada ós países que a requiran.
Esto é todo por agora, teremos que esperar ó 2011 para chegar a máis acordos na Conferencia climática de Durban.

Para máis información pincha aquí ou aquí

Editado por Natalia Cid 1ºB

No hay comentarios: