En España, cada día entran no mercado 51 millóns de envases de bebidas, das cales só o 30% acaban no colector amárelo e o 70% vai ao vertedoiro ou á incineradora. A asociación Retorna quere traer a España o Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) co obxectivo de introducir este sistema na Reforma da Lei de Residuos.
O ciclo da reciclaxe que se pretende é diferente ao dos colectores amarelos, onde acaban mesturados con outros produtos tóxicos, esta é a razón pola que o material resultante é de moi mala calidade e non serve para facer novos envases.
Se contamina, paga: Con este novo sistema, o consumidor paga 25 céntimos ao comprar a bebida recuperándoo cando devolve o envase baleiro nun establecemento calquera.
Nos grandes e medianos supermercados instalaríanse grandes máquinas de recollida no interior das súas instalación. Nos establecementos pequenos, os envases recolleríanse en bolsas e levaríanse a plantas de conteo para a súa clasificación. Este sistema funciona xa en outros países, como por exemplo Alemaña.

En España, habería un centro de control que xestionaría os depósitos, e se encargaría do ciclo: un produtor cobra os 25 céntimos ao supermercado, que os recupera do consumidor para pagarlle. O produtor envía ese diñeiro ao centro de control. O comercio contabiliza as devolucións de diñeiro que se fixeron para que llas pague ese mesmo centro. Envíase ao centro de control o material recolleito, e se vende para facer novas botellas, novas latas e novos briks de zume ou botellas de cristal, que son os envases que admite o SDDR. Co diñeiro, o centro de control paga ao comercio os 25 céntimos por unidade máis unha pequena comisión que lle permite amortizar os gastos.
No Ministerio de Medio Ambiente comunicaron a Retorna que incluíron no borrador da nova lei de residuos parte das súas alegacións e máis de 100 concellos cataláns asinaron mocións a favor da súa implantación en España.

Para máis información:
Feito por:
Yurema Seara Núñez 1ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario