Os fósiles foron atopados na cova de 3700 metros de lonxitude, con unha galería principal e varias secundarias transversais.
O ADN dun dos individuos, un adolescente, foi empregado no "proyecto internacional del Genoma Neandertal", estudo no cal se obteu ADN mitocondrial de fragmentos de ósos dos 12 individuos, sobre todo de dentes; polas pezas dentarias os investigadores saben que a población estaba formada por tres adultos (dúas mulleres e un home), tres xóvenes adultos (dous homes e unha muller), tres adolescentes de entre 12 e 15 anos posiblemente masculinos na súa totalidade, e tres individuos xuveniles ou infantiles entre dous e nove anos.
As probas arqueolóxicas, paleontolóxicas e xeolóxicas indican que istes individuos constituían a totalidade ou unha parte dun grupo social contemporáneo de neandertais. O ADN foi o factor clave que permitiu relacionalos parentalmente e a proba do cromosoma Y foi a axuda para diferencialos sexualmente. Estos resultados proporcionaron pistas tentadoras sobre a demografía e o comportamento da especie que foi unha vez, parente cercana da nosa e poden ser empregadas para axudar a comprender os factores que contribuíron na súa extinción.
Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario