Un grupo de investigadores xaponeses creou un rato que trina como os paxaros debido ás modificación provocadas nel pola súa alteración no ADN. Foi creado por casualidade ao cruzar roedores transxénicos para provocarlles cambios fisiolóxicos.
Esta modificación do animal permitiralles investigar as orixes e o desenvolvemento da linguaxe en paxaros que entrelazan os sons e úsanos como palabras , pero en ratos, que son mamíferos e polo tanto máis parecidos ós seres humanos no seus cerebro e bioloxía.
O rato é o modelo animal máis empregado en investigación. Cada ano empréganse 30 millóns de exemplares en laboratorios de todo o mundo.
Uchimura (un dos investigadores) afirma que, unha vez lograda a variante, as súas capacidades vocales transmitiranse de xeración en xeración e ten a esperanza de poder crear nun futuro un rato Mickey.
Feito por: Lidia Blanco Otero 1º Bachiller A
No hay comentarios:
Publicar un comentario